O Club Alianza Lima é un club deportivo peruano da cidade de Lima. Fundouse o 15 de febreiro de 1901 e compite na Primeira División do Perú.

Os fundadores adoptaron ese nome en honra á cuadra Alianza, propiedade do presidente da República, Augusto B. Leguía, que utilizaron para celebrar os seus primeiros xogos. Está considerado un dos máis grandes do fútbol peruano. A día de hoxe ten vinte e catro ligas nacionais e unha supercopa do Perú. A súa mellor actuación internacional foi en 1976 cando foi campión da Copa Simón Bolívar. As cores do club son o azul e o branco. Debido á ascendencia italiana de Eduardo Pedreschi, membro fundador, decidiuse que a primeira roupa tivese cores da bandeira italiana. Así, os primeiros uniformes eran verdes con branco. Posteriormente, incluíronse no uniforme as cores da corte das bestas, que eran o azul, o branco e o negro, que se levaban na camisa, pantalón e calcetín respectivamente. Anos despois fíxose o uniforme azul e branco en forma de raias, que se utiliza ata hoxe.

Historia Os equipos máis potentes da época seguían sendo os ricos, ademais de ser os que con máis actividade futbolística continuaban. A creación de Alianza Lima (inicialmente Sport Alianza) foi a antítese desta idea, porque se fundou nun ambiente puramente popular, sen influencia algunha dos altos niveis da sociedade limeña. A imaxe do Alianza como equipo popular aumentou cada vez máis, atraendo cedo a moitos afeccionados de baixas condicións, que viron nas vitorias do equipo aliancista, o seu propio triunfo ante a adversidade, un triunfo que sería impensable noutros aspectos da vida cotiá.e a oportunidade de reverter toda orde socioeconómica ou política para poder competir sen desigualdades.

Fundación O Club Sport Alianza, como se chamaba inicialmente o club, foi fundado o 15 de febreiro de 1901, por un grupo de rapaces que tivo a idea de formar un club de fútbol para defender a comunidade fronte aos equipos doutros barrios. Adoptaron ese nome en homenaxe á cuadra Alianza, propiedade do expresidente da República, Augusto B. Leguía.

Palmarés

Torneos nacionais

Liga do Peru (25): 1918, 1919, 1927, 1928, 1931, 1932, 1933, 1948, 1952, 1954, 1955, 1962, 1963, 1965, 1975, 1977, 1978, 1997, 2001, 2003, 2004, 2006, 2017, 2021, 2022

Torneos internacionais

Copa Simón Bolívar (1): 1976

Xogadores Cadro actual Datos do 10 de novembro de 2022.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club

Categoría:Equipos de fútbol do Perú