A Garda Civil, popularmente coñecida como A Beneméritabenemérito , entrada no dicionario da RAG., é unha institución armada de carácter militar, que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de España. Como tal, o seu deber é garantir e protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades das persoas, e garantir a seguridade cidadá, baixo a dependencia do Goberno de España. Foi o primeiro corpo de seguridade pública de ámbito estatal xurdido en España, sendo creada en 1844 por Francisco Javier Girón.
Emblemas e signos distintivos Uniformidade A cor característica do uniforme é o verde, dende a reforma da uniformidade realizada no ano 1943. Anteriormente, dende a época fundacional, a cor tradicional foi o azul. O elemento da uniformidade que caracterizou á Garda civil é o tricorne, malia que actualmente, ademais deste, úsanse outras pezas de cabeza: teresianas e boinas.
Casas cuartel 200px|miniatura|esquerda|Casa-cuartel Os acuartelamentos da Garda civil dispoñen, na meirande parte dos casos, de vivendas para os membros do Corpo e as súas familias. De aí a súa denominación de Casa cuartel, cuxa razón de ser é a dispoñibilidade inmediata dos Gardas ante as necesidades da sociedade que requiran da súa presenza con prontitude.
Na entrada das Casas cuartel atópase a "tablilla", gravada ou inscrita na parede, coa lenda "Casa cuartel da Garda civil". Posteriormente, incluíuse o lema "Todo por la Patria", ó ser un corpo militar.
Lema O lema da Garda civil é "A honra é a miña Divisa", extraído do Artigo 1º do Regulamento para o Servizo escrito polo seu fundador, que di literalmente: "A honra é a principal Divisa da Garda civil. Debe, por tanto, conservarse sen tacha. Unha vez perdido, non se recobra xamais", e que reflicte o espírito que rexe ó Instituto e a calidade máis valorada por este. Outra característica particular deste corpo, é que os cuarteis poden ser tamén vivendas das familias dalgúns dos seus compoñentes: as casas cuartel. Na entrada das mesmas hai un cartel no que está escrito: "Todo por la Patria".
Padroado O 8 de febreiro de 1913, a Virxe do Pilar foi declarada mediante Real Decreto a súa excelsa patroa.
Alcume A denominación "Benemérita" acadou a oficialidade cando se lle outorgou, por Real Decreto do 4 de outubro de 1929, a 'Gran Cruz da Beneficencia'.
Dependencias Ten unha dobre dependencia: Do Ministerio do Interior en canto a servizos, retribucións, destinos e medios. Do Ministerio de Defensa en canto a ascensos e misións de carácter militar, así como en «Estado de Sitio» e en «tempo de guerra».
Ademais, atende as necesidades do Ministerio de Facenda relativos ao Resgardo Fiscal do Estado.
Especialidades Uniforme actual da Garda civil Ficheiro:Gcivil12.pngFicheiro:Gcivil13.pngSeguridade na estradaGala e oficial A fin de dar o maior servizo posible á sociedade, a Garda civil, ó longo da súa historia, foi creando diversas especialidades que cubrisen dun xeito máis eficaz as competencias asignadas: Unidades Operativas Seguridade Cidadá: Patrullas policiais en demarcacións territoriais. Servizo Aéreo Servizo Marítimo Unidade Especial de Intervención (UEI) Grupo de Acción Rápida (GAR) Servizo de Información (SIGC) Unidade de Actividades Subacuáticas (UAS). Integradas dende 1997 no Servizo Marítimo Servizo de Protección á Natureza (SeProNa) Agrupación de Reserva e Seguridade (ARS), no que se inclúen o Escuadrón de Cabalería e a Unidade de Recoñecemento de Subsolo (URS), ademais dunha compañía de Operacións Internacionais. Grupos de Rescate e Intervención en Montaña (GREIM) Policía Xudicial, con grupos especializados dependendo do tipo de delito ou vítima, como o de Protección da muller e o menor (EMUME) ou o Equipo de investigación de delitos telemáticos (EDITE) Agrupación de Tráfico. Tamén con diferentes subespecialidades: motoristas, equipos de atestados e investigación de accidentes, operadores de radar ou investigación doutros delitos relacionados co automóbil. Intervención de Armas Servizo Cinolóxico e Remonta Servizo de Asuntos Internos Servizo de Desactivación de Explosivos (SEDEX) Servizo Fiscal PAFITE (Patrullas Fiscais Territoriais) Servizo de Protección e Seguridade (SEPROSE) Unidades de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC) Casa Real Unidades de Apoio Automobilismo GATI: Grupo de Apoio en Tecnoloxías da Información Armamento Unidade de Música da Dirección Xeral
Himno Instituto, gloria a Ti, por tu honor quiero vivir. Viva España, Viva el Rey, Viva el Orden y la Ley, Viva honrada la Guardia Civil. Benemérito Instituto, Guarda fiel de España entera, que llevas en tu Bandera el Lema de Paz y Honor.
Por glorificar el nombre, que el Gran Ahumada te diera, con tu sangre noble y fiera, has bordado tu blasón.
Vigor, firmeza y constancia, valor en pos de la gloria, amor, lealtad y arrogancia, ideales tuyos son.
Por Ti cultivan la tierra, la Patria goza de calma, por tu conducta en la guerra, brilla airoso tu Pendón.
Instituto, gloria a Ti, por tu honor quiero vivir. Viva España, Viva el Rey, Viva el Orden y la Ley, Viva honrada la Guardia Civil.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Garda civil