Castrocontrigo é un concello da provincia de León, que está situado a uns 80 quilómetros ó oeste da capital provincial. Áchase na comarca de La Valdería, próxima á da Cabreira. O municipio ocupa unha área de 194,49 km2, e a súa poboación en 2005 era de 1.075 habitantes, o que resulta nunha densidade de poboación de 5,52 hab./km2.

Étimo O seu nome procede dun antigo Castru Guntherigu, do nome dun antigo posesor de nome xermano latinizado.

Entidades O concello está formado polas seguintes localidades: Castrocontrigo. Morla de la Valdería. Nogarejas. Pinilla de la Valdería. Pobladura de Yuso. Torneros de la Valdería.

Festas Corpus Christi. Patronais, celébranse na primeira fin de semana do mes de agosto.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Asociación Cultural Castrocontrigo

Categoría:Concellos da provincia de León