Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio, nado en Rairiz de Veiga en 1968, é un político galego, que foi alcalde de Rairiz de Veiga.

Traxectoria É axente forestal da Consellería do Medio Rural. En 1995 foi elixido concelleiro de Rairiz de Veiga polo BNG e foi tenente de alcalde. Foi elixido alcalde de Rairiz de Veiga polo BNG en 1999, aínda que gobernando en minoría. Nas municipais de 2003 acadou a maioría absoluta e volveu ser alcalde, repetindo a maioría absoluta en 2007.

En 2009 abandonou o BNG e, nas eleccións municipais de 2011, encabezou a candidatura do PPdeG ao concello de Rairiz de Veiga,El PP ficha al alcalde de Rairiz de Veiga, Rodríguez Ambrosio, y a J. M. Andrade resultado elixido alcalde por maioría absoluta. Nas de 2015, revalidou a súa maioría absoluta, mais pouco durou no cargo por mor dunha condena por prevaricación que o apartou da política e foi substituído pola súa número 2 Asunción Morgade.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rairiz de Veiga

Ligazóns externas En el BNG de Rairiz hay vida más allá de Xaquín Rodríguez Noticia en La Voz de Galicia Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Rairiz de Veiga Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Rairiz de Veiga Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes