Mariña Pérez Rei, nada en Ames en 1966, é unha escritora e profesora galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica. É profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela),Entrevista a Mariña Pérez Rei, profesora no IES Esparís . onde creou o grupo Equipo da Dinamización da Lingua Galega.

Participou nas antoloxías poéticas da corrente Sentimentalista e tamén formou parte do Colectivo Maiakovski na edición do longo poema «Intimidación» (Xerais, 2021).

Obra Poesía Fanerógama (2006). Sada: Ediciós do Castro. 100 páxs. ISBN 9788484852285. Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante (2009). Colección Bourel. 48 páxs. Paquidermo (2010). Bubela. 88 páxs. ISBN 978-84-937176-4-3. Boca de gárgola (2014). Círculo Rojo. 82 páxs. ISBN 978-84-9076-465-7. Mallantes (2021). E. Bubela. 81 páxs. ISBN 978-84-123682-0-8.

Narrativa Canícula (2007). Santiago: Sotelo Blanco. 182 páxs. ISBN 9788478245086. Costa necrópole. Escenarios para deslembrar (2010). Noia: Editorial Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-41-2. Contrapicados (2012). Santiago: Sotelo Blanco. 210 páxs. ISBN 9788478246229. Finximentos (2024). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-487-6. ePub: ISBN 978-84-1110-492-0.

Obras colectivas En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Toxosoutos. Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación (2011). Bubela. Novas de poesía. 17 poetas (2013). Fundación Uxío Novoneyra. Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica (2015). Urco Editora/Contos Estraños. Miño. Antoloxía do relato galego actual (2023). Xerais.

Premios XVIII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2005, por Fanerógama. Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2006, por Canícula. Gañadora do IX Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos no 2010, por Costa necrópole. Escenarios para deslembrar. Gañadora do XXV Certame de narración curta Ánxel Fole por Finximentos. II Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza en galego por Unha aria no asedio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A escritora Mariña Pérez Rei, premio artigos xornalísticos normalizadores de Carballo, Sermos Galiza o 7 de maio de 2013.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ames Categoría:Nados en 1966 Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón