Tamara Canosa Ferrío, nada na Coruña o 12 de abril de 1983, é unha actriz e directora de teatro galega.

Traxectoria Comezou na pequena pantalla en series e telefilmes autonómicos a finais dos anos 90, con papeis de adolescente. Así, encarnou a Laura na serie Mareas vivas, dos capítulos 54 ao 150. Fixo roles secundarios en diversas producións, o que lle abriu as portas ao debut cinematográfico da man de Gerardo Herrero en Heroína.

Outro papel importante foi coma secundaria na serie da TVG Valderrei, con 95 episodios. Dende o 2005 combina papeis televisivos en series coa interpretación na grande pantalla, en curtas como Bechos Raros ou Juan Marante, e a participación no filme Pradolongo, que protagonizou xunto con Rubén Riós e Roberto Porto. O seu traballo nesta película valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista do ano 2008. No 2012 volveu á gran pantalla con Ignacio Vilar no filme Vilamor.

En 2015 pasou a formar parte da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.

Obras teatrais

Os actos e as profecías, 2024. Dirección e coautoría. Centro Dramático Galego Soños 2023. Dirección. Culturactiva Amantis. 2022. Dirección e coautoría. Rebordelos. Liberto. 2020. Dirección e adaptación. Rebordelos.

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2007Mellor interpretación feminina secundariaValderreiFinalista2008Mellor interpretación feminina protagonistaPradolongoGañadora2016Mellor interpretación feminina secundariaHospital RealFinalista2018Mellor interpretación feminina secundariaTroteFinalista

Premios María Casares Ano Categoría Obra Resultado2020Mellor dirección e mellor adaptaciónLibertoFinalista

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Rebordelos, empresa cultural da que é fundadora. El escondite de las palabras, blog persoal. Ficha na AVG

Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1983 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista