Meruelo é un concello da Comunidade Autónoma de Cantabria, no norte de España. En 2007 tiña 1467 habitantes. Dista 41 km da capital autonómica, Santander.

Límites O municipio de Meruelo linda polo norte con Bareyo e máis Arnuero, polo oeste con Bareyo e Ribamontán al Mar, polo sur con Hazas de Cesto e polo leste con Arnuero e máis Escalante. Está situado na històrica comarca da Trasmiera, na parte oriental da comunidade. Ocupa unha área de 17 km².

Localidades O concello inclúe as seguintes entidades: San Bartolomé de Meruelo. San Mamés de Meruelo. San Miguel de Meruelo (capital).

Demografía

Categoría:Concellos de Cantabria Categoría:Localidades do Camiño do Norte