thumb|Vista aérea miniatura|Os Boxes no circuíto de Albert Park. O Circuíto do Gran Premio de Melbourne (en inglés: Melbourne Grand Prix Circuit) é un circuíto de carreiras urbano que se arma nos arredores do Lago Albert Park, ao sur da cidade de Melbourne, Australia. É recoñecido por albergar anualmente o Gran Premio de Australia de Fórmula 1.

Historia Antes de entrar no campionato de Fórmula 1, o circuíto de Albert Park xa recibira carreiras en 1953 e 1956. Despois de que Adelaida fora o escenario anual da Fórmula 1 durante 11 anos, en a Fórmula 1 mudouse a Melbourne, escenario da primeira proba da temporada, despois de pehar Adelaida a temporada anterior.

Para a realización da proba, reasfaltouse para garantir consistencia e suavidade. Jacques Villeneuve fixo a primeira pole position. Arrancou e mantivo o liderado ata a volta 53, cando foi superado polo seu compañeiro de equipo Damon Hill despois de ter problemas coa presión do aceite do coche. Así, a carreira acabou cun dobrete de Williams. Eddie Irvine, de Ferrari, completou o podio, na terceira posición. 330px|right|Vista Deseño O circuíto utiliza seccións da estrada normal que circunvala o lago de Albert Park, un pequeno lago artificial ao sur do distrito central de negocios de Melbourne. Os tramos de estrada que se utilizan foron reconstruídos antes do evento inaugural en 1996 para asegurar a consistencia e suavidade. Como resultado, en comparación con outros circuítos urbanos, a pista de Albert Park ten unha gran superficie lisa. Antes de 2007 existían só uns poucos circuítos no calendario de Fórmula 1 cun espello de auga preto da pista. Moitos dos novos circuítos, como Valencia, Singapur e Abu Dabi imitaron esa característica.

Aínda que é un trazado urbano (ou semi-urbano, xa que moitas das rúas foron remodeladas co Gran Premio en mente), a pista é relativamente ancha e rápida. O trazado considérase que é bastante rápido e relativamente fácil de conducir, os pilotos comentaron que a colocación coherente das curvas permítelles aprender facilmente o circuíto e conseguir tempos competitivos. Con todo, o terreo chan ao redor do lago, xunto cun deseño da pista que ten poucas rectas reais, significa que a pista non é moi propicia para adiantar, lamentablemente, o terreo chairo e as barreiras de seguridade impiden ter unha boa vista do trazado, coa excepción das tribunas.

Cada ano, a maioría das escapatorias de terra, pontes peonís, tribunas e demais infraestruturas móntanse ao redor dun mes antes da fin de semana do Gran Premio e retíranse dentro das 6 semanas posteriores ao evento. Algunhas zonas ao redor do circuíto (incluíndo un gran centro acuático, un campo de golf, o Lakeside Stadium, algúns restaurantes e a mariña) restrinxen o acceso durante a fin de semana de Gran Premio. A pesar da popularidade do evento, moitos habitantes locais teñen os seus reparos respecto ao mesmo debido ao movemento xerado, ao ruído e ao diñeiro investido que, afirman, ben podería usarse para construír un circuíto permanente afastado das zonas residenciais. Isto provocou varias manifestacións contrarias á realización da carreira en forma anual. Non obstante, o evento é razoablemente popular en Melbourne e Australia (cunha gran poboación europea e un interese xeral no deporte de motor).

O 4 de xullo de 2008, a F1 anunciou que máis de 300.000 persoas asistiron aos catro días do Gran Premio de Melbourne, aínda que a venda real de entradas foi posteriormente discutido polos medios locais. Nunca houbo unha carreira nocturna en Albert Park, aínda que os eventos de 2009 e 2010 comezaron ás 5:00 p.m. hora local. O contrato actualdo circuíto para o Gran Premio conclúe en 2025.

Tras o aprazamento do Gran Premio de Australia en 2021, debido á pandemia de COVID-19, a pista sufriu cambios de trazado, a parte máis destacada foi a modificación das curvas 9–10 dunha gran curva dereita-esquerda ata unha curva dereita-esquerda que se arrastra rapidamente nas curvas 11 e 12. Outras modificacións incluíron o ensanchamento da pista de boxes en 2 m. e a reformulación da curva 13. Tamén se ensancharon algunhas curvas como a curva 1, a curva 3, a curva 6, curvas 7 e 15; e espérase que estas modificacións reduzan os tempos das voltas de cualificación en ata cinco segundos.

Características

Espectadores: 80.000 Lonxitude do circuíto: 5´278 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 58 voltas = 306´124 quilómetros. 16 curvas en total (6 esquerda, 10 dereita) Recta máis longa: 860 metros Distancia ata a Curva 1: 350 metros Curva máis rápida: 250 km/h, Curvas 11/12 Curva máis lenta: 90 km/h, Curva 15 Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 318 km/h con DRS, 308 km/h sen DRS Aceleración a fondo: 64% do tempo de volta. Tempo de freado: 13% do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: kg por volta. Cambio de marchas por volta: 55 por volta, 3.190 por carreira Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: alto Desgaste dos pneumáticos: Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos (media) Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´34 segundos. Marca volta: 2011, 1’23.529 – Sebastian Vettel (Red Bull)

Tódolos gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Melbourne

Nº Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de 1 Damon Hill} Williams Renault 1:32:50,491 h 5,302 km 58 198,736 km/h 10 de marzo Australia 2 David Coulthard McLaren Mercedes 1:30:28,718 h 5,302 km 58 203,926 km/h 9 de marzo 3 Mika Häkkinen}} McLaren Mercedes 1:31:45,996 h 5,303 km 58 201,102 km/h 8 de marzo 4 Eddie Irvine Ferrari Ferrari 1:35:01,659 h 5,303 km 57 190,852 km/h 7 de marzo 5 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:34:01,987 h 5,303 km 58 196,255 km/h 12 de marzo 6 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:38:26,533 h 5,303 km 58 187,465 km/h 4 de marzo de 7 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:35:36,792 h 5,303 km 58 193,011 km/h 3 de marzo 8 David Coulthard McLaren Mercedes 1:34:42,124 h 5,303 km 58 194,868 km/h 9 de marzo 9 Michael Schumacher Ferrari Ferrari 1:24:15,757 h 5,303 km 58 219,011 km/h 7 de marzo 10 Giancarlo Fisichella Renault Renault 1:24:17,336 h 5,303 km 57 215,168 km/h 6 de marzo 11 Fernando Alonso Renault Renault 1:34:27,870 h 5,303 km 57 191,990 km/h 2 de abril 12 Kimi Räikkönen Ferrari Ferrari 1:25:28,770 h 5,303 km 58 215,893 km/h 18 de marzo 13 Lewis Hamilton McLaren Mercedes 1:34:50,616 h 5,303 km 58 194,578 km/h 16 de marzo 14 Jenson Button Brawn Mercedes 1:34:15,784 h 5,303 km 58 195,776 km/h 29 de marzo 15 Jenson Button McLaren Mercedes 1:33:36,531 h 5,303 km 58 197,144 km/h 28 de marzo 16 Sebastian Vettel Red Bull Renault 1:29:30,259 h 5,303 km 58 206,184 km/h 27 de marzo 17 Jenson Button McLaren Mercedes 1:34:09,565 h 5,303 km 58 195,991 km/h 18 de marzo de 18 Kimi Räikkönen Lotus Renault 1:30:03,225 h 5,303 km 58 204,926 km/h 17 de marzo 19 Nico Rosberg Mercedes Mercedes 1:32:58,710 h 5,303 km 57 195,059 km/h 16 de marzo} 20 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes 1:31:54,067 h 5,303 km 58 200,808 km/h 15 de marzo 21 Nico Rosberg Mercedes Mercedes 1:48:15,565 h 5,303 km 57 167,526 km/h 20 de marzo 22 Sebastian Vettel Ferrari Ferrari 1:24:11,672 h 5,303 km 57 215,409 km/h 26 de marzo 23 Sebastian Vettel Ferrari Ferrari 1:29:33,283 h 5,303 km 58 206,069 km/h 25 de marzo 24 Valtteri Bottas Mercedes Mercedes 1:25:27,325 h 5,303 km 58 215,954 km/h 17 de marzo – cancelado debido á Pandemia de COVID-19 – 25 Charles Leclerc Ferrari Ferrari 1:27:46,548 h 5,278 km 58 209,254 km/h 10 de abril 26 Max Verstappen Red Bull Honda RBPT 2:32:38.371 h 5,278 km 58 120,332 km/h 2 de abril 27 Carlos Sainz Ferrari Ferrari 1:20:26.843 h 5,278 km 58 228,316 km/h 24 de marzo 28 Lando Norris McLaren Mercedes 1:42:06.304 h 5,278 km 57 176,786 km/h 16 de marzo 29 George Russell Mercedes Mercedes 1:23:06,801 h 5,278 km 58 220,992 km/h 8 de marzo RecórdsPiloto: Michael Schumacher (4) • Países pilotos: Gran Bretaña (11) • Deseñadores: Ferrari (10) • Fabricantes de motores: Mercedes (13) • Fabricante de pneumáticos: Pirelli (14)

Voltas rápidas Ata o 10 de abril de 2022, os récords oficiais de voltas de carreiras no circuíto de Albert Park aparecen como:

Clase Piloto Vehiculo Tempo Data Circuíto de Gran Premio (2021–presente): 5.278 km Fórmula 1 Charles Leclerc Ferrari SF-24 1:19.813 24 de marzo de 2024 S5000 Aaron Cameron Ligier JS F3-S5000 1:40.3696 8 de abril de 2022 Supercars Championship Scott Pye Holden Commodore (ZB) 1:46.006 9 de abril de 2022 Porsche Carrera Cup Max Vidau Porsche 992 GT3 Cup 1:48.6349 8 de abril de 2022 Circuíto de Gran Premio (1996–2020): 5.303 km Fórmula 1 Michael Schumacher Ferrari F2004 1:24.125 7 de marzo de 2004 Formula 3 Bruno Senna Dallara F304 Spiess Opel 1:50.8640 3 de marzo de 2006 Supercars Championship Scott McLaughlin Ford FG X Falcon 1:54.6016 22 de marzo de 2018 Fórmula 5000 Ken Smith Lola T430 Chevrolet 1:54.6975 28 de marzo de 2010 Australian GT Craig Baird Mercedes-AMG GT3 1:55.1134 17 de marzo de 2016 Porsche Carrera Cup Ben Barker Porsche 997 GT3 Cup 1:58.3646 26 de marzo de 2011 Ferrari Challenge Asia-Pacific James Weiland Ferrari 488 Challenge 1:59.1147 23 de marzo de 2018 TCR Touring Car Garth Tander Audi RS 3 LMS TCR 2:04.3614 14 de marzo de 2020 Nations Cup Paul Stokell Lamborghini Diablo GTR 2:00.685 8 de marzo de 2003 Formula Ford Chaz Mostert Spectrum 012 Ford 2:04.4805 27 de marzo de 2010 Group A Terry Lawlor Nissan Skyline R32 GT-R 2:10.8171 13 de marzo de 2015 Aussie Racing Cars James Small Commodore-Yamaha 2:16.0196 15 de marzo de 2008 Group C Milton Seferis Holden VH Commodore SS 2:18.9539 14 de marzo de 2015 SuperUtes Grant Johnson Holden Commodore Ute 2:22.3877 1 de abril de 2006 Circuíto orixinal (1953–1958): 5.027 km Fórmula Libre Stirling Moss Cooper T45 Climax 1:50.0 30 de novembro de 1958 Sports car racing Stirling Moss Maserati 300S 1:55.8Australian Tourist Trophy, Australian Motor Sports, January 1957, pages 18 to 20 25 de novembro de 1956

Trazados

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Gran Premio de Australia

Ligazóns externas Páxina oficial Albert Park at Official Formula 1 website Albert Park Melbourne Grand Prix Circuit on Google Maps (Current Formula 1 Tracks)

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Melbourne Categoría:Circuítos de carreiras de Australia