miniatura|Boxes e tribuna O Circuíto Internacional de Sepang (Malaio: Litar Antarabangsa Sepang) é unha pista de carreiras para os deportes de motor localizada en Sepang, Selangor, Malaisia. Atópase preto do aeroporto internacional de Kuala Lumpur, a uns 45 km ao sur da capital, Kuala Lumpur. Foi o lugar utilizado para o Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1 ata , e aínda se utiliza para o Gran Premio de Malaisia de Motociclismo, Malasia Merdeka Endurance Race e outros eventos importantes dos deportes de motor.
Considerado un parámetro de comparación para outros Grandes Premios, Sepang ten boxes e salas de prensa equipados con moderna tecnoloxía. Xurdiron algunhas queixas a raíz do estado da pista, que parecese estar afundíndose levemente. Unha posible razón que explicaría isto é o feito de que o autódromo está construído sobre terreos pantanosos.
Historia miniatura|left|Vista desde a area comercial, da bancada norte principal, nivel inferior
O circuíto foi deseñado polo prestixioso arquitecto alemán Hermann Tilke, quen logo sería contratado para a construción dos autódromos de Xangai, Bahrain, Istanbul, Valencia, Marina Bay, Yas Marina, Yeongam, Greater Noida e Austin.
O circuíto foi inaugurado oficialmente polo Primeiro Ministro de Malaisia Mahathir bin Mohamad o 7 de marzo de 1999 ás 20:30 horas MST (UTC+08:00). Posteriormente, inaugurou o 20 de abril de 1999 o primeiro Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de MotoGP, (ver Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de 1999) e o primeiro Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1 o 17 de outubro de 1999 (ver Gran Premio de Malaisia de 1999).
O 23 de outubro de 2011, na segunda volta do Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de 2011 de MotoGP, o italiano de Motorcycle racing [Marco Simoncelli] morreu na curva 11 tras sufrir unha caída e ser atropelado por Colin Edwards e Valentino Rossi.
En outubro de 2016 propúxose que o circuíto de Sepang podía caer do calendario da Fórmula Un debido á diminución de venda de entradas.. En disputouse o último Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1.
Circuítos
Circuíto principal
O circuíto principal, que normalmente é percorrido no sentido das agullas do reloxo, ten 5,54 quilómetros de extensión e é recoñecido polas súas curvas pechadas e as súas anchas rectas. O deseño é bastante infrecuente, destacándose a presenza dunha recta interior que se separa da recta principal de boxes por unha pequena pinza. Este circuíto utilízase para eventos de Fórmula 1 e MotoGP, así como tamén para carreiras a nivel local e rexional.
Características
Capacidade espectadores: 80.000 Lonxitude do circuíto: 5´542 quilómetros. Distancia da carreira de Fórmula 1: 56 voltas = 310´408 quilómetros. 15 curvas en total. Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 312 km/h con DRS, 300 km/h sen DRS Aceleración a fondo: 65% do tempo de volta. Tempo de freado: 15% do tempo da volta. Total de combustible necesario para a distancia de carreira: Consumo de combustible: kg por volta. Cambio de marchas por volta: Número de zonas de freado: Desgaste dos freos: medio Desgaste dos pneumáticos: Distancia dos Boxes: Perda de tempo nunha parada en boxes: Tempo total necesario para a parada en boxes: 22 segundos Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´36 segundos. Marca volta: Juan Pablo Montoya (Williams), 1.34.223 en
Circuíto norte
Tamén percorrido normalmente no sentido das agullas do reloxo, o circuíto norte está composto basicamente pola primeira metade do cicuito principal. O percorrido dobra cara á recta de boxes logo da curva 6, e ten 2,71 km de extensión.
Circuíto sur
O circuíto sur está formado pola outra metade do circuíto principal. A recta interior é este último transfórmase na de boxes cando se utiliza o circuíto sur, uníndose á curva 8 para formar unha pinza. Percorrido no mesmo sentido que os dous circuítos anteriores, conta cun percorrido de 2,61 km.
Outras instalacións
O Circuíto Internacional de Sepang conta ademais con pistas de kart e motocrós.
Custo do circuíto
O custo do circuíto é de aproximadamente uns 150 millóns de dólares.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Sepang AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de Eddie IrvineFerrari 1:36:38,494 h 5,542 km 56 192,682 km/h 17. outubro Malaisia Michael SchumacherFerrari 1:35:54,235 h 5,543 km 56 194,199 km/h 22. outubro Michael SchumacherFerrari 1:47:34,801 h 5,543 km 55 170,031 km/h 18. marzo Ralf SchumacherWilliams - BMW 1:35:36,792 h 5,543 km 56 194,790 km/h 17. marzo Kimi RäikkönenMcLaren - Mercedes 1:32:22,195 h 5,543 km 56 201,629 km/h 23. marzo Michael SchumacherFerrari 1:31:07,490 h 5,543 km 56 204,384 km/h 21. marzo Fernando AlonsoRenault 1:31:33,736 h 5,543 km 56 203,408 km/h 20. marzo Giancarlo FisichellaRenault 1:30:40,529 h 5,543 km 56 205,297 km/h 19. marzo Fernando AlonsoMcLaren-Mercedes 1:32:14,930 h 5,543 km 56 201,894 km/h 8. abril Kimi RäikkönenFerrari 1:31:18,555 h 5,543 km 56 203,971 km/h 23. marzo Jenson ButtonBrawn GP - Mercedes 0:55:30,622 h 5´543 km 32 171´833 km/h 5. abril Sebastian VettelRed Bull Racing 1:33:48,412 h 5´543 km 56 198´541 km/h 4. abril Sebastian VettelRed Bull Racing 1:37:39.832 h 5´543 km 56 190´700 km/h 10. abril Fernando AlonsoFerrari 2:44:51.812 h 5´543 km 56 112´969 km/h 25. marzo Sebastian VettelRed Bull Racing 1:38:56.681 h 5´543 km 56 188´231 km/h 24. marzo Lewis HamiltonMercedes 1:40:25.974 h 5´543 km 56 185´441 km/h 30. marzo Sebastian VettelFerrari 1:40:25,974 h 5´543 km 56 185´442 km/h 29. marzo Daniel RicciardoRed Bull - TAG Heuer 1:37:12.776 h 5´543 km 56 191´584 km/h 2. outubro Max VerstappenRed Bull - TAG Heuer 1:30:01.290 h 5´543 km 56 km/h 1. outubro Record: M.Schumacher e Fernando Alonso (3 Veces)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gran Premio de Malaisia
Ligazóns externas Páxina oficial Map and circuit history at RacingCircuits.info
Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras de Malaisia