Santiago dos Mixtos é un lugar da parroquia de Santiago de Rubiás no concello de Calvos de Randín. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 80 habitantes (43 homes e 37 mulleres), 13 máis ca en 2010. Toponimia O topónimo Santiago é un haxiotopónimo referido a Santiago o Maior e débese á presenza no lugar da igrexa de Santiago de Rubiás dos Mixtos.
Historia Xunto con Rubiás e As Maus conformaba ata 1864 o Couto Mixto. Na igrexa de Santiago está a arca na que se gardaban os documentos que recoñecían os dereitos dos habitantes do Couto Mixto.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Rubiás dos Mixtos
Parroquias de Calvos de Randín
Notas
Categoría:Lugares de Calvos de Randín Categoría:Calvos de Randín poboación 2011