Bad Tölz é unha cidade de Alemaña, capital do distrito de Bad Tölz-Wolfratshausen, na rexión administrativa de Oberbayern, estado de Baviera. A cidade é unha estancia termal moi coñecida na Alemaña.

Xeografía

Bad Tölz fica no val do río Isar (en alemán: Isartal), á entrada do chamado Isarwinkel (ángulo do Isar). A cidade é localizada a 50 km a sur de Múnic. Os municipios veciños son:

a Sur: Gaißach, Wackersberg, Lenggries a Norte: Königsdorf, Sachsenkam, Dietramszell, Geretsried a Leste: Greiling, Reichersbeuern, Waakirchen a Oeste: Bad Heilbrunn

Historia

1331 A poboación de Tölz recibe o dereito a estabelecer un mercado do Emperador Ludwig o bávaro. 1453 Un grande incendio destrúe a Marktstraße (rúa principal), igrexa e fortificación. 1845 Descubrimento de fontes de Iodo na montaña Sauersberg. 22 de xuño de 1899 Tölz recibe o título de Bad (concedido á poboacións con estancia termal).

Personalidades

Thomas Mann (escritor, posuíu aquí unha casa de vacacións) Klaus Mann (escritor, fillo de Thomas Mann, pasou aquí parte da súa infancia)

Categoría:Cidades de Baviera