Este artigo trata sobre un cogomelo, para a peza musical, véxase cantiga.

A cantarelaNome vulgar galego en Enciclopedia Galega Universal Vigo, Ir Indo, 2000 ou pan de cabra (Cantharellus cibarius, do latín cantharellus, diminutivo de cantharus –i ‘vasilla’) é un fungo basidiomiceto da familia Cantharellaceae. É un cogomelo moi apreciado polas súas calidades culinarias. Os cataláns denomínano rossinyol. Atópase entre as coníferas e árbores planifolias, na maior parte dos casos á sombra de aciñeiras, corticeiras e carballos. É un ingrediente moi empregado na gastronomía europea. Tamén se lle chama cantarelo ou cacafina.

Características 200px|esquerda|miniatura|Cantarela ou pan de cabra A súa cor non é característica, pois depende moito do terreo onde naza, podendo ser entre alaranxada e amarel esbrancuxada. O sombreiro é moi variábel e irregular e pode chegar a 10 cm.

Usos gastronómicos Pódese comer incluso cru, mais adóitase guisar e son aptas para secar ou salgar, consevándose perfectamente. A cantarela ten pequenas trazas de amanitinas, pero en cantidades que non son prexudiciais para o noso organismo.

Cogomelos parecidos Pode confundirse co Hygrophoropsis aurantiaca, que é un cogomelo comestíbel, mais hai outro cogomelo similar que é velenoso, o Omphalotus olearius.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cantharellus (xénero) Ligazóns externas

Ficha asturnatura.com

Categoría:Cantharellus Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos comestibles