A Sociedade Española de Automóbiles de Turismo, máis coñecida polo seu acrónimo SEAT, é un dos principais fabricantes de automóbiles de España. Fabricou unhas 350.850 unidades o ano 2020. Desde 1990 é subsidiaria do Grupo Volkswagen de Alemaña.
Historia miniatura|SEAT Zona Franca.
A compañía foi fundada en 1950 polo Instituto Nacional de Industria (INI) como medio para motorizar a España de posguerra e fabricaba os coches de Fiat, o principal fabricante de automóbiles de Italia, baixo licenza. O seu primeiro presidente foi José Ortiz Echagüe, o enxeñeiro fundador de CASA. O estado español mantivo unha participación importante na sociedade. Cando FIAT se retirou en 1980, o Grupo Volkswagen adquiriu a maioría das accións en 1986 converténdose no único accionista, ao adquirir a participación que mantiña o estado español.
O primeiro modelo foi o 1400, o cal se produciu nunha amplísima gama de versións. A súa produción comezou en 1953 e rematou coa versión C en 1963, a cal era moi similar á versión 1500 que lle sucedería un ano despois. O segundo modelo en saír da Zona Franca foi o SEAT 600, do que se fabricaron as versións N, D, E, L Especial, 800 e outras minoritarias ata 800.000 unidades aproximadamente. É o modelo máis emblemático de SEAT e tivo boa parte de responsabilidade no proceso de motorización da clase media española. A súa produción comezou en 1957 e rematou no verán de 1973. Tras el, chegou ás cadeas de produción o 1500, auténtico referente do luxo na España dos 60. En 1966 aparece o 850, concibido en Italia como un 600 mellorado (mellores acabados, maiores prestacións, menores defectos), o cal tivo tamén ampla difusión. En España apareceu unha inédita versión de 4 portas. Primeiro foi a versión de 4p «Curto», do que non se fixeron máis de 417 unidades, e posteriormente, o «Longo», de moito máis éxito, coupés e convertible á parte.
Tras o 850, chega en 1968 dende Italia o 124, coche do ano en Europa; é un dos puntos de inflexión non xa na historia de SEAT, senón tamén no mundo do motor español. O seu motor de 1.197 cm³, os seus 60 CV, os seus máis de 140 km/h de velocidade máxima e a súa ampla carrocería convertérono na primeira berlina familiar española de verdade. O seu éxito fixo que estivese 12 anos en produción, en dúas variantes principais (faro redondo 68-75 e faro cadrado «Pamplona» 75-80). É o modelo que serviu de base para posteriores modelos como o 1.430, aparecido en 1969, nunha categoría superior ao 124. O seu motor de 1.438 cm³ rendía 70 CV. Inesquecibles son as súas versións 124 Sport de dúas portas con motores 1600 e 1800 un expoñente do glamour da época xunto aos seus irmáns máis novos os SEAT 850 Coupé e Spider.
1973 é un ano memorable para SEAT; é o ano da chegada dos motores perquins que tantas glorias deron á marca e que tan recordados seguen sendo hoxe en día. Eran basicamente dous: 1.600 e 1.800; ambos os dous montáronse por primeira vez en España no substituto do 1.500, o 132, talvez o coche máis luxoso fabricado por SEAT, fabricado ata 1980. Posteriormente chegarían outras versións 2.000. En 1972, non obstante, tivo lugar outro dos grandes momentos de SEAT coa chegada do modelo 127 (1972-1984), primeiro tracción dianteira da marca, foi fabricado ata en tres versións diferentes, a última das cales, redeseñar, foi o «Fura» e Fura II para a exportación, chegou a ter unha versión «Crono» de grande rendemento co mítico motor 1430. Ademais, a diferenza de Italia, o 127 si contou con versión de 4 p, deseñada en España e amplamente exportada.
En 1974, ante o cesamento de produción do 850 e do 600 un ano antes, lánzase o 133, modelo quizais desfasado xa no seu nacemento, pero que non por iso tivo pouco éxito en particular entre os nostálxicos dos "todo atrás", modelo que se exportou como Fiat e se fabricou na Arxentina e Exipto. En 1975 chega o 131 en substitución do 1.430, de gran difusión mantívose en produción ata 1984 e marcou outro fito posto que dende a súa aparición xa co 124 Pamplona-Iruña convertido en berlina media, o 131 como media-alta e o 132 na gama alta, o consumidor español dispón dunha verdadeira gama dándose por rematada a época da motorización acelerada, cando se había que listar e esperar a que meses despois a le "asignase" un 600. En 1979 lánzase o «Ritmo», de vangardista deseño, o cal foi substituído en 1982 polo «Ronda» ante os problemas con FIAT.
Tamén o 1979 se comeza coa fabricación dos Lancia Beta de SEAT, en versións Coupé e Hpe liftback, foron equipados co motor dous litros de Seat utilizado no 132 cunha cilindrada algo reducida fronte aos seus homólogos italianos por razóns fiscais e que supuxeron un substituto civilizado, xa con tracción dianteira e suspensión independente, das "tolas" (124 Sport) alcumados así polo comportamento que impoñía a súa concepción (tracción traseira e eixe ríxido)
En 1976 apareceu o 1200 Sport e despois o Sport 1430, deportivo con base de 127 e mecánica 124 concibido en España por Inducar, e a quen a chegada do 128 prexudicou en certa forma. En 1980 lanzárase o SEAT Panda, que a partir de 1986, baixo a denominación de «Marbella», seguiu a súa senda de éxitos ata 1997. En 1984, xa baixo supervisión Volkswagen, se lanzou o «Ibiza», con numerosas motorizacións System Porsche de novo desenvolvemento (1.2, 1.5 e 1.7) e unha variante diésel (1.7) de orixe Fiat e que conviviu algún tempo co Fura II.
Fábricas SEAT dispón hoxe dunha planta de produción en Martorell, unha pequena cidade industrial situada na provincia de Barcelona. A fábrica de Martorell é unha das máis modernas de Europa, foi inaugurada polo rei Xoán Carlos I en 1993. No ano 2002 saíron desta fábrica máis de 450.000 automóbiles. Por outra banda, en 1976 comezou a produción do 124 renovado na fábrica de Landaben (Navarra), a cal tivera que adquirir instancias do Estado ante a crise de Authi. Hoxe esta fábrica é dirixida e produce modelos de Volkswagen, sendo independente do Grupo Seat.
SEAT dispón de organizacións de venda e de concesionarios propios en 70 países: España, Alemaña, Francia, México, Venezuela...
O número de empregados e traballadores era de 14.000 en 2011. Dispón dun propio centro de desenvolvemento, no que tamén se xerou o desenvolvemento de modelos doutras marcas do grupo, como o Audi Q5, e no que traballan adicionalmente 1.250 persoas
A compañía deseña os seus propios modelos de automóbiles, aínda que seguindo as pautas xerais do grupo Volkswagen. Para os efectos da estratexia de definición e posición dos modelos, SEAT forma parte de Audi, xunto con Bentley e Lamborghini, todas elas á súa vez compañías do Grupo Volkswagen.
Modelos á venda DataSerieDescriciónImaxe Modelos en venda de SEAT 2016 – Ateca Ateca Suv de segmento C. 100px2017 – Arona Arona Suv de segmento B. 100px1996 – Alhambra Monovolume de segmento D. 100px1984 – Ibiza Modelo utilitario de segmento B, é o máis vendido de SEAT. 100px1991 – Toledo Coche de segmento C. 100px1999 – León Vehículo de segmento C só dispoñible en cinco portas. 100px2011 – Mii Coche utilitario do segmento A 100px
Modelos ao longo da historia DataSerieDescriciónImaxe Modelos do segmento A 1957 - 1973 600 Variante 4 portas SEAT 800 1964-1967 100px 1974 – 1981 133 100px 1980 - 1986 Panda Variante furgoneta SEAT Trans 100px 1986 - 1998 Marbella Variante van SEAT Terra 1986 - 1995 100px 1997 - 2004 Arosa Dúas fases do modelo 100px
DataSerieDescriciónImaxe Modelos do segmento B 1966-1974850 variantes 850 sport, 850 sport coupe e 850 sport spaider 100px 1972-1982127 Dúas fases do modelo 100px 1981-1986Fura Dúas fases do modelo 100px 1984 - 1993Ibiza Mk1 (021) Tres fases do modelo 100px 1993 - 2002Ibiza Mk2 (6K) variantes SEAT Córdoba, (Sedan) 1993-2002. SEAT Vario (familia) e SEAT Inca (van) 1995-2003. Tres fases do modelo 100px 2002 - 2008Ibiza Mk3 (6L) Variantes SEAT Córdoba. Dúas fases do modelo 100px 2008 - 2017Ibiza Mk4 (6J) Variantes SEAT Ibiza 5P,SC e ST. Dúas fases do modelo 100px
DataSerieDescriciónImaxe Modelos do segmento C 1968 - 1980 124 Variante 124 Sport. Dúas fases do modelo 100px 1969-1975 1430 100px 1975 - 19801200 Sport/ 1400 Sport Coñecido como Bocanegra 100px 1976 - 1980128 100px1979-1982Ritmo 100px 1982-1986Ronda 100px 1985–1991Malaga 100px 1991 - 1998 Toledo MK1 (1L) Dúas fases do modelo 100px 1998 - 2004 Toledo MK2 (1M) Variante SEAT León 1M Compacto 100px 2004 - 2009 Toledo MK3 (5P) Variante SEAT Altea 100px 1999 - 2005 León MK1 (1M) 100px 2005 - 2012 León MK2 (5F) Dúas fases do modelo 100px2004 – 2015 Altea, Altea XL, Altea Freetrack Altea monovolumen de segmento C. 100px
DataSerieDescriciónImaxe Modelos do segmento D 1953-1964 1400 Catro fases do modelo 100px 1963 – 19721500 100px 1973 - 1982 132 100px 1975-1982131 100px1996 – 2010 Alhambra MK1 Dúas fases do modelo 100px2009 – 2013 Exeo Similar ao Audi A4 100px
DataSerieDescriciónImaxe Modelos Segmento E 1973 - 1980 132 100px
Modelos prototipos
Datamodelo de conceptoPresentaciónNota Modelos conceptos/prototipos 1955SEAT 600 PrototypeSalón de Gènova 1957SEAT 750 Sport Salón de Barcelona 1959SEAT 1400 ConvertibleSalón de Barcelona SEAT 600 MultipleSalón de Barcelona 1987 SEAT Ibiza Mk1 cabrio Salón de Barcelona 1988 SEAT Proto TLD Turí 1989 SEAT Proto T Salón de Frankfurt 1990 SEAT Proto C Salón de París SEAT Proto TL Salón de Gènova 1991 SEAT Marbella Playa concept Salón de Frankfurt 1992 SEAT Toledo Mk1 exclusive Salón de Gènova SEAT Toledo Mk1 electric Barcelona Xogos Olímpicos de 1992 SEAT Concepto T Coupé Salón de París 1993 SEAT Concepto T Cabrio Salón de Barcelona SEAT Ibiza Mk2 electric 1994 SEAT Rosé Actualmente buque A122 1995 SEAT Inca electric Salón de Hannover SEAT Alhambra prototype Salón de Gènova 1996 SEAT Córdoba Mk1 cabrio 1998 SEAT Bolero 330 BT Salón de Gènova SEAT Inca electric 2 Saló de Hanover 1999 SEAT Toledo Cupra concept Salón de Gènova SEAT Fórmula Salon de Gènova 2000 SEAT Salsa Salón de Gènova SEAT Salsa Emoción Salón de París 2001 SEAT León Cupra R concept Salón de Barcelona SEAT Tango roadster/Tango spyder/Tango coupé/Tango Racer Salón de Frankfurt SEAT Arosa City cruiser Salón de Frankfurt SEAT Arosa Racer Salón de Frankfurt 2003 SEAT Altea Prototipe Salón de Frankfurt SEAT Cupra GT Sport Concept Salón de Barcelona 2004 SEAT Toledo Prototipe Saló de Madrid 2005 SEAT León Prototipe Salón de Gènova SEAT Altea FR Prototipo Salón de Frankfurt SEATAltea 2 litre 170 hp TDI prototype 2006 SEAT Ibiza Vaillante concept Salón de Gènova 2007 SEAT León Pies Descalzos Salón de Berlin SEAT Altea Freetrack Prototipo Salón de Gènova SEAT Tribu concept Salón de Frankfurt 2008 SEAT Bocanegra concept Salón de Gènova 2009 SEAT León Ecomotive concept Salón de Gènova SEAT León Twin drive Presentación en Martorell SEAT IBZ concept Salón de Frankfurt 2010 SEAT IBE concept I Salón de Gènova SEAT IBE concept II Salón de París 2011 SEAT IBX concept Salón de Gènova SEAT IBL concept Salón de Frankfurt SEAT Altea Electric XL Ecomotive 2012 SEAT Toledo concept Salón de Gènova 2015 SEAT 20V20 concept Salón de Gènova 2015 SEAT León Cross Sport Salón de Fráncfort 2016 SEAT Ateca Xperience Concept Salón de París
Notas
Véxase tamén
Bibliografía SEAT: Auto emoción. Joan Rossinyol Vilardell. Editorial Lunwerg. 2006. Nuestro SEAT. Ramón Roca. Ediciones Benzica. 2006. Ambición de superarse. Juan José Díaz Ruiz. Editado por Bresca. 2010. El SEAT 600. Símbolo de una época. Lluís Cassany, Isabel López, Cristina Brugué e outros. Edificiones Susaeta 1996. Coches de ensueño. Volumen 10. Siglo XXI. Trama equipo Editorial. Editorial Planeta para Ediciones Ceac. 2005. Historia del automóvil. Miguel de Castro Vicente. Ediciones Ceac. 3ª edición. Setembro de 1992
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:SEAT