miniatura| Circaetus gallicus A cobreira europea, tamén coñecida como aguia albela (Circaetus gallicus) é unha ave rapaz. Habita na zona mediterránea, en Rusia, Oriente Medio chegando ata Paquistán e a India, mesmo algunhas illas de Indonesia. En Europa é a Península Ibérica onde a aguia albela é máis común, mentres noutras zonas de Europa está en serio perigo de se extinguir.

As partes inferiores son brancas, mesmo as das ás, e con frecuencia o peito e a testa escuras. A plumaxe da cabeza pode ser clara ou máis común escura. Habita en zonas de montaña, bosques e costas. Aliméntase de cobras, lagartos e ras. Aniña nas árbores. A súa lonxitude varía entre os 63 e 68 cm e a súa envergadura entre 185 e 185 cm, pesa entre 1'7 e 1'8 kg. e ten unha esperanza de vida de 17 anos.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Accipítridos Categoría:Animais descritos en 1788