Heteroconger é un xénero de peixes angüiliformes da familia dos cóngridos que comprende varias especies, coñecidas como heterocongros, e que, xunto coas do xénero Gorgasia, constitúen a subfamilia dos heterocongrinos.

Son peixes moi semellantes ás anguías, das que se diferencian sobre todo por viviren enterrados na area ou na lama do fondo, do que sobresae só a cabeza e a parte anterior do tronco, e que viven xeralmente agrupados en colonias, polo que tamén reciben os nomes de anguías de xardín ou anguías tubícolas. Aliméntanse de plancto.

O xénero foi descrito por Bleeker no ano 1868.

Características e bioloxía Anatomía Corpo moi alongado e comprimido (miden aproximadamente 40 cm e son moi delgados). Cola moito máis longa que a cabeza e o resto do corpo. Aletas dorsal e anal que, ás veces, conflúen coa aleta caudal. Aletas pectorais ausentes ou vestixiais. Cabeza curta. Fociño moi curto. Boca curta e oblicua. Ollos grandes en comparación co seu corpo e olfacto débil debido ao seu diminuto nariz.Discover Life

Comportamento Viven enterrados na area do fondo, e xeralmente só é visíbel a cabeza e a metade dianteira do tronco, pero se se molestan retíranse enteiramente no seu agocho. As anguías de xardín son tímidas cos outros animais e cos humanos, pero os machos son agresivos cos outros machos da súa especie. Cando se senten ameazadas, retírase ao seu tobo, e péchano cun bloque de moco para que os depredadores non poidan penetrar no seu fogar.Castle, P. H. J. & Randall, J. E. (1999): "Revision of Indo-Pacific garden eels (Congridae: Heterocongrinae), with descriptions of five new species". 0Indo-Pacific Fishes Núm. 30: 1-52, Pls. I-III.

Distribución A maior parte das especies habitan na rexión Indo-Pacífica, pero tamén hai outras que viven nas augas tropicais e subtropicais de todo o mundo, especialmente nas partes máis cálidas do océano Atlántico (incluíndo o mar Caribe) e do Pacífico oriental.

Bioloxía Os científicos aínda non coñecen a lonxevidade dos heterocongros en estado salvaxe. Son carnívoros e aliméntanse de plancto. Para buscar a comida válense sobre todo na vista, debido aos seus grandes ollos. Permanecendo no seu tobo, e movendo a cabeza, atrapan o plancto que chega á deriva debido ás correntes. reprodúcense sexualmente e presentan dimorfismo sexual. Na época da reprodución, sen saír do tobo, acércanse entre si, e os machos entrelázanse coa femia coa que queren aparearse, á que defenden ferozmente, mordéndolles a cabeza, e mesmo os ollos, aos outros pretendentes. Liberan os gametos na auga, onde os ovos se fecundan e quedan flotantes reuníndose na zona epipeláxica. Cando os ovos eclosionan, os heterocongros desenvolven as súas larvas flotando na auga e, cando son o suficientemente grandes, nadan até o fondo e escavan na area cadanseu tobo na periferia da colonia, que así vai medrando.Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2012): "Species of Heteroconger" in FishBase.

Clasificación Xénero Heteroconger Bleeker, 1868 Sinónimos:Heteroconger Bleeker, 1868 no ITIS. Nystactes Böhlke, 1957 Taenioconger Herre, 1923 Xarifania Klausewitz e Eibl-Eibesfeldt, 1959 Nystactichthys Böhlke, 1958

Especies Taxonomicon.

Heteroconger balteatus Castle e Randall, 1999 Heteroconger camelopardalis Lubbock, 1980 Heteroconger canabus Cowan e Rosenblatt, 1974 Heteroconger chapmani Herre, 1923 Heteroconger cobra Böhlke e Randall, 1981 Heteroconger digueti Pellegrin, 1923 Heteroconger enigmaticus Castle e Randall, 1999 Heteroconger hassi Klausewitz e Eibl-Eibesfeldt, 1959 Heteroconger klausewitzi Eibl-Eibesfeldt e Köster, 1983 Heteroconger lentiginosus Böhlke e Randall, 1981 Heteroconger longissimus Günther, 1870 Heteroconger luteolus Smith, 1989 Heteroconger obscurus Klausewitz e Eibl-Eibesfeldt, 1959 Heteroconger pellegrini Castle, 1999 Heteroconger perissodon Böhlke e Randall, 1981 Heteroconger polyzona Bleeker, 1868 Heteroconger taylori Castle e Randall, 1995 Heteroconger tomberua Castle e Randall, 1999 Heteroconger tricia Castle et Randall, 1999

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Eichler, Dieter e Robert F. Myers (1997): Korallenfische Zentraler Indopazifik. Hambueg: Jahr Verlag. ISBN 3-86132-225-0. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Patzner, Robert A. e Horst Moosleitner (1999): Mergus Meerwasser-Atlas Band 6. Melle: Mergus-Verlag. ISBN 3-88244-116-X. Outros artigos Cóngridos Heterocongrinos

Ligazóns externas Especies de Heteroconger en FishBase . Heteroconger en SADW . Heteroconger en Encyclopedia of Life . Heteroconger en ADW . Heteroconger en Zipcodezoo . Heteroconger no NCBI Heteroconger en CalPhotos.

Categoría:Angüiliformes