1492 (MCDXCII) foi un ano bisesto comezado en domingo segundo o calendario xuliano, en vigor nesa data. En 1492 tivo lugar un dos feitos máis importantes da historia da humanidade: o descubrimento de América, que determinou o desenvolvemento dos seguintes 400 anos, caracterizados pola expansión europea por todo o planeta e a formación dos primeiros imperios globais. Por mor das consecuencias a longo prazo deste acontecemento, algúns historiadores consideran que en 1492 acaba a Idade Media e comeza a Idade Moderna.

Acontecementos

2 de xaneiro, Os Reis Católicos Fernando e Isabel entran en Granada. 15 de xaneiro, O navegante xenovés Cristovo Colón encóntrase cos reis Fernando e Isabel no Alcázar de los Reyes Cristianos en Córdoba, España, e recibe soporte para a súa viaxe polo océano Atlántico, na tentativa de atopar unha nova ruta cara á India. 12 de outubro, Cristovo Colón chega a América. 31 de marzo, os reis Fernando e Isabel asinan o Decreto da Alhambra, expulsando todos os xudeus de España a menos que se convertan ó catolicismo. 17 de abril, As Capitulacións de Santa Fe son asinadas entre Cristovo Colón e a Castela, acordando os preparativos para a expedición. 31 de xullo, Os xudeus son expulsados de España. 3 de agosto, Cristovo Colón sae con tres barcos de Palos de la Frontera ó servizo de Castela, pretendendo chegar a Asia. 10 de agosto, Último prazo para o xudeus saíren de España. A data coincide con 10 de av de 5252. 11 de agosto, O Papa Alexandre VI sucede ó Papa Inocencio VIII como o 214º pontífice romano. 11 de outubro, Varios membros das tripulacións da frota de Cristovo Colón albiscan unha luz insólita. 12 de outubro, Cristovo Colón recala en augas americanas, no Caribe, e aterra en Guanahani. 28 de outubro, Cristovo Colón chega a Cuba. 5 de decembro, Cristovo Colón tórnase o primeiro europeo coñecido a poñer os pés na illa de Hispaniola.

Nacementos 6 de marzo - Luis Vives, humanista hispano, en Valencia (m. 1540).

Mortes 8 de abril - Lourenzo de Medici. 25 de xullo - papa Inocencio VIII (n. 1432). 12 de outubro - Piero della Francesca, pintor italiano. Jaume Huguet, pintor catalán (n. 1415).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1492