O Partido da Social Democracia Brasileira é un partido político brasileiro. Foi fundado o 25 de xuño de 1988 por importantes figuras da política brasileira, como o expresidente (na época senador) Fernando Henrique Cardoso.
O seu símbolo é un tucano nas cores azul e amarelo e, por esa razón, os seus membros son chamados os tucanos. Xurdiu dunha disidencia do Partido do Movimento Democrático Brasileiro.
Categoría:Partidos políticos do Brasil