A doazón de Constantino (latín: Donatio Constantini) foi un decreto imperial apócrifo atribuído a Constantino I segundo o cal, ao tempo que se recoñecía ao Papa Silvestre I como soberano, se lle doaba a cidade de Roma, así como as provincias de Italia e todo o resto do Imperio Romano de Occidente. Aínda que, seguramente, foi composta no século VIII, empregouse a partir do século XIII para apoiar as aspiracións da primacía política do Papado.Vauchez (2001), p. 445Cushing (2005), p. 58

A autenticidade do documento foi posta en dúbida xa durante a Idade Media, pero foi o humanista Lorenzo Valla quen, en 1440, a través da análise lingüística do texto demostrou que non podía estar datado arredor do ano 300, polo que concluíu definitivamente que se trataba dunha fraude da curia romana.

Introdución O longo proceso de achegamento entre o pontificado e o reino franco que comezara no pontificado do Papa Gregorio Magno (590-604), acadou un dos seus puntos culminantes na unción real coa que o Papa Estevo IIIHai dúbidas sobre a numeración deste papa, pois existiu un papa Estevo de efémero reinado que debería levar o número II, pero hai cómputos de papas que non o teñen en conta, polo que Estevo III pode aparecer como Estevo II constituíu ao mordomo palatino Pipino o Breve como rei dos francos e patricius romanorum, dando por extinguida a dinastía merovinxia (752). Deste xeito, o Papa arrogábase a capacidade de traspasar a dignidade real dunha dinastía a outra e ao tempo, como contrapartida, concedía ao rei dos francos a capacidade de intervir nos asuntos italianos. De feito, Pipino cruzou os Alpes en dúas ocasións para reconquistar vastas rexións da península italiana de mans dos longobardos e doounas a san Pedro, o Príncipe dos Apóstolos. Foi así como se acabaron constituíndo, en pleno século VIII, os estados da Igrexa, e o Papa quedou convertido nun monarca temporal.

Cando se fixo necesario xustificar semellante innovación xurídica (de facto, os pontífices exercían xa unha non ben determinada xurisdición gobernativa desde as invasións bárbaras) recorreuse ao vello método medieval de "inventar" un documento que retrotraese no tempo a situación que se daba no presente. Este foi o nacemento do documento que pasou á historia como a Donatio Constantini (ss. VIII-IX).miniatura|300px| Un fresco do século XIII. O Papa Silvestre I e Constantino I|centro Nota

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Doazón de Sutri Promissio Carisiaca Ligazóns externas Doazón de Constantino na Enciclopedia Católica

Categoría:Historia de Italia