Pictor ou Cabalete do Pintor é unha das constelacións austrais máis pequenas (declinación -50 a -60). Contén a estrela β Pictoris que está rodeada por un disco de po.
Historia Dado que foi creada por Nicolas Louis de Lacaille no século XVII, non foi visible para culturas antigas ou clásicas polo que non ten mitoloxía relacionada.
Estrelas Estrelas principais α Pictoris, estrela subxigante branca de magnitude 3,24, a máis brillante da constelación, situada a 99 anos luz. β Pictoris, estrela branca de magnitude 3,85 cun disco protoplanetario de 500 UA de diámetro ó redor dela. Atópase a 63 anos luz da Terra. γ Pictoris, xigante laranxa de magnitude 4,50, a terceira estrela máis brillante da constelación. δ Pictoris, con magnitude 4,72, unha estrela binaria espectroscópica cun período orbital de 1,673 días. As súas compoñentes son unha xigante azul e unha estrela quente do tipo O. RR Pictoris, nova que estourou en 1925 e coñecida coma Nova Pictoris, acadou magnitude 1,25. É fácil de atopar a 1º37' ó suroeste de α Pictoris. TX Pictoris (HD 37434), estrela variable eruptiva RS Canum Venaticorum cun brillo que varía entre magnitude 6,08 e 6,12. AB Pictoris (HD 44627), nova anana laranxa cunha acompañante que pode que sexa unha anana marrón ou un planeta xigante. Estrela de Kapteyn (VZ Pictoris), estrela subanana vermella, a estrela do halo galáctico máis próxima ó sistema solar e a segunda estrela con maior movemento propio entre tódalas coñecidas, distante 12,8 anos luz.
Outras estrelas con designación de Bayer
ζ Pic 5,44; θ Pic 6,26; η1 Pic 5,37; η2 Pic 5,05; ι Pic – estrela dobre 5.58, 6,42; κ Pic 6,10; λ Pic 5,30; μ Pic 5,69; ν Pic 5,60
Estrelas con designación de Flamsteed
61 Pic 5,20
Estrelas con planetas
HD 41004, sistema estelar composto por unha anana laranxa e unha anana vermella; ó redor da primeira delas descubriuse un planeta extrasolar, e ó redor da segunda unha anana marrón.
Obxectos Notables do espazo profundo NGC 1705, galaxia anana irregular a 17 millóns de anos luz da Terra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Star Tales – Pictor Pictor @ Stargazing
Categoría:Constelacións