Pisces ou Peixes (símbolo 20px, ) é unha constelación do zodíaco situada entre Acuario ó oeste e Aries cara ó leste.

A súa estrela principal é a estrela alfa Alrischa, unha estrela dobre cun nome que procede do árabe e significa "corda".

Mitoloxía esquerda|150px|miniatura|Representación medieval de Pisces 300px|miniatura|Imaxe do século XVII de Pisces, os Peixes. O astrónomo grego Eratóstenes (nado no ano 276 a. C.) deixou escrito que a orixe do simbolismo do peixe está nun gran peixe que salvou a Derceto (unha deusa siria que era metade peixe metade muller), cando esta caeu nunha lagoa. Nesta versión, Derceto era considerada a filla de Afrodita.

A versión de Hixino, en cambio, baseábase no mito de Venus e o seu fillo Cupido (na mitoloxía grega, Afrodita e Eros). Estas dúas figuras mitolóxicas foron sorprendidas polo monstro Tifón, pero Venus sabía que poderían escapar pola auga. Colleu a Cupido e mergullouse na auga, onde ambos transformáronse en peixes. Para asegurarse de que non se ían perder, atáronse cunha corda. No firmamento vemos polo tanto a nai e fillo unidos por unha corda.

Estrelas Estrelas principais Alrischa (α Psc / α Piscium), estrela onde o seu nome significa "corda". A 139 anos luz do Sol, é unha estrela dobre. A estrela principal ten unha magnitude de 4,33 e pertence o tipo espectral A0, a súa compañeira é de +5.23 e pertence ó tipo espectral A3. Beta Piscium (β Psc / β Piscium). Tamén ten o nome de Fum al Samakah, árabe para "fociño do peixe" (ou "Formalhaut" da tradución grega). β Psc provén dunha clase espectral B6Ve e é de magnitude 4,53. Está aproximadamente a 492 anos luz do Sol. Gamma Piscium (γ Psc / γ Piscium) é a segunda estrela máis brillante da constelación con magnitude 3,70. É unha xigante amarelo-laranxa do tipo espectral G9 III que se atopa a 131 anos luz. Eta Piscium (η Psc / η Piscium) é a estrela máis brillante na constelación de Pisces. Eta Piscium está situada a unha distancia aproximada de 294 anos luz da Terra e brilla a unha magnitude de 3,62. Esta estrela é do tipo espectral G7 III. A estrela ten un escuro nome dado polo reino de Babilonia Kullat Nunu. Iota Piscium (ι Psc / ι Piscium), de magnitude 4.13, é unha anana amarela de tipo espectral F7 V algo máis quente co Sol. A súa luminosidade é 3,3 veces maior ca solar e o seu radio é un 50% maior. Sospéitase que poida ser unha estrela variable, cunha flutuación no seu brillo de 0,03 magnitudes. Omicron Piscium (ο Psc / ο Piscium) localizada a uns 142 anos luz da Terra. Ten unha magnitude aparente de 4,26 e provén dun tipo espectral G8. A estrela tamén ten o nome de Torcularis septentrionalis. Omega Piscium (ω Psc / ω Piscium), clasificada coma unha subxigante de tipo espectral F4 IV non se sabe con certeza se é unha única estrela ou se é unha estrela binaria espectroscópica onde as súas dúas compoñentes están moi próximas entre si. Atópase a 106 anos luz de distancia. 19 Piscium (TX Piscium), estrela de carbono de tipo espectral C5 II a 760 anos luz da Terra. É unha variable irregular cun brillo que varía entre magnitude 4,79 e 5,2. 107 Piscium (107 Psc), anana laranxa a só 24,4 anos luz do sistema solar.

Estrelas con planetas HD 217107 é unha estrela subxigante amarela. A súa masa é moi semellante á do Sol, porén esta estrela é considerablemente máis antiga. Foron descubertos dous planetas orbitando esta estrela: un está extremadamente preto da estrela e completa unha órbita cada 7 días, mentres co outro está moito máis distante, tardando 8 anos en completar unha órbita. 109 Piscium (109 Psc) é unha estrela subxigante amarela situada a uns 106 anos luz. Ten unha masa semellante ó noso Sol, e posúe unha maior cantidade de ferro na súa composición. No ano 2000 foi detectado un planeta extrasolar orbitando esta estrela. 54 Piscium (54 Psc) é unha estrela de magnitude 6. É clasificada coma unha estrela anana laranxa (clase espectral K0 V) e é un pouco menos masiva e luminosa co noso Sol. Esta estrela está relativamente preto, a unha distancia de so 36 anos luz. É visible a simple vista baixo unhas condicións climáticas moi favorables. No 2003 foi atopado un planeta orbitando. Suponse que esta estrela é variable en brillo.

Outras estrelas Estrela de Van Maanen (GJ 35), anana branca a 14 anos luz de distancia. É a anana branca solitaria -sen outra estrela acompañante- máis próxima á Terra, pero ó ser de magnitude 12,4 non é visible a simple vista.

Obxectos notables do espazo profundo

M74 (NGC 628) é unha galaxia espiral con dous brazos espirais claramente definidos. NGC 520 está formado por dúas galaxias en proceso de colisión.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Pisces Star Tales – Pisces

Categoría:Constelacións