A provincia de Sogdiana (Вилояти Суғд) é unha das catro divisións administrativas e unha das tres provincias (Вилоятҳо, Vilojatxo) que conforman a división administrativa de Tadjiikistán. Está situada no noroeste do país. Ten unha superficia de 26.100 km², e unha poboación de 1.870.000 de acordo co censo de 2000.
A provincia comparte unha fronteira coas provincias de Xizagh (Jizax), Namangán, Samarcanda e Ferganá do Uzbekistán, e coas provincias de Ox (Osh) e Batquén (Batken) de Kirguizistán. O río Sir ("Sir Daria") flúe a través da provincia.
A provincia era coñecida co nome de «Leninabad» ata 1991, taxiquizado coma «Leninobod» ata o 2000, e renomeada como Sogdiana en homenaxe á rexión histórica do mesmo nome que ocupaba parte do actual Tadjiikistán, no 2004.
A súa capital é Ghuxand, en taxico Хуҷанд (Xushand), "Leninabad" durante o período soviético.
Outras cidades Outras cidades importantes son: Chkalov. Gafurov. Isfará. Istaravxán (Urateppa). Conibodom (Kanibadam). Panjakent.
A provincia de Sogdiana conta cos seguintes 14 distritos:
Distrito de Ainí,Айнӣ. Distrito de Axt, Ашт (Asht). Distrito de Gafurov, Ғафуров (Ghafyrov). Distrito de Zafarobón, Зафаробод (Zafarobón). Distrito de Gonchí, Ғончӣ (Ghonchí). Distrito de Istaravxán, Истаравшан (Istaravshán). Distrito de Isfará, Исфара (Isfará). Distrito de Conibodom, Конибодом (Konibodóm). Distrito do Maschoh e Montañoso Кӯҳистони Масчоҳ]] Distrito de Maschoh, Масчоҳ (Maschoh). Distrito de Panxicand, Панҷиканд (Panjikand). Distrito de Spitáman, Спитаман (Spitáman). Distrito de Xabbor Rasulov, Ҷаббор Расулов (Jabbor) Distrito de Xahristón, Шаҳристон (Shahristón).
Véxase tamén Outros artigos Iagnobés.
Ligazóns externas .Páxina sobre a provincia de sogdiana en ruso. citypopulation.de
Categoría:Provincias de Tadjiikistán