San Pedro Fiz de San Fiz de Paz é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 188 habitantes (104 homes e 84 mulleres), dous menos ca en 2006.

Historia Antigamente estivo baixo a xurisdición de Castro de Rei.

Patrimonio Hai dous castros na parroquia, O Castedo e o Castro de Montemaior. En Penadedra sitúase a capela da Natividade, e tamén un peto de ánimas e unha cruz de pedra.

Existiu unha cámara sepulcral soterrada cun corredor de acceso rodeado de grandes pedras, hoxe desaparecida.

Festas Virxe do Carme, o primeiro domingo de setembro. Nas vésperas celébrase agora o Santo Antonio. Virxe dos Remedios, na capela de Penadedra, o domingo seguinte ao 8 de setembro.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Fiz de Paz

Parroquias de Outeiro de Rei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei

Ligazóns externas San Fiz de Paz na web do concello de Outeiro de Rei

Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Fiz