Bieito Lobeira Domínguez, nado en Seixo (Marín) o 22 de outubro de 1968, é un político galego do BNG.
Carreira política Comezou a súa vida política na asociación de estudantes ERGA con dezaseis anos. Formou parte de Galiza Nova, as mocidades do BNG desde a súa fundación ata 1998, e foi o seu secretario xeral entre 1992 e 1998.
O 25 de marzo de 1996 accedeu como deputado ao Parlamento de Galicia, en substitución de Guillerme Vázquez.. Continuou como deputado na V, VI, VII e VIII Lexislatura. Membro do Consello de Contas e da comisión lexislativa que analizou a catástrofe do Prestige, foi voceiro da súa formación para asuntos pesqueiros e marítimos, vicevoceiro e presidente da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento. Foi Secretario de Organización do BNG na Executiva Nacional que tivo como portavoz nacional ao catedrático Xavier Vence, e dende 2017 é Coordinador de Organización da Executiva encabezada por Ana Pontón.
Foi tamén un dos voceiros da Plataforma Nunca Máis. miniatura|esquerda|180px|Bieito Lobeira na XVI Asemblea Nacional do BNG en 2017.
Vida persoal É fillo de pescador e mariscadora e traballou descargando peixe no porto de Marín.«Son un tipo esencialmente hortera» , entrevista de Nacho Mirás en La Voz de Galicia, 6 de outubro de 2008.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1968 Categoría:Secretarios xerais de Galiza Nova Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia