A lingua sariculiana forma parte das linguas pamirianas aínda que se fala fóra da zona xeográfica común ás demais pois é falada no Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán, na provincia Autónoma Uigur de Xinxiang na China, por un pequeno número de persoas (unhas 23.000).
Gramática O sariculiano perdeu o xénero gramatical. O plural sinálase neste grupo coa terminación -ēn. O sariculiano fai unha distinción entre o plural nominativo e oblicuo: -xeul (n.) e -ef (oblicuo). O xénero non se sinala especificamente no nome pero é identificable pola concordancia.
O caso desígnase por preposición e posposición; o sariculiano ten un caso oblicuo. A posesión exprésase por aposición.
A orde da frase é suxeito, obxecto e verbo (SOV).
Véxase tamén Ligazóns externas An Acoustic, Historical, and Developmental Analysis of Sarikol Tajik Diphthongs], Pamela S. Arlund, The University of Texas at Arlington.
Categoría:Linguas indoeuropeas Categoría:Linguas da China