Aimerico Picaud foi un monxe poitevin de Parthenay-le-Vieux, que viviu durante o século XII. Tradicionalmente foi considerado o autor da Guía do Peregrino, primeira obra dedicada á romaxe de Santiago de Compostela. Traxectoria miniatura|Ilustración do Codex Calixtinus. Realizou a romaxe a Santiago a cabalo, e visitou polo camiño un bo número de santuarios da cristiandade. Foi o primeiro que propuxo substituír a competencia entre os diversos santuarios por unha complementariedade: para chegar a Compostela, visitar de paso todos os santuarios que están na ruta. Existe un gran número de itinerarios posibles, mais os catro principais son denominados rutas compostelás e son rexistrados na guía baixo o nome de «camiños de Santiago».
A Guía do Peregrino ou Iter pro peregrinis ad Compostellam, antecesora da guía turística actual, foi orixinariamente escrita en latín e constitúe o quinto e derradeiro libro do Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus, conxunto de textos conformado por pezas litúrxicas e redactado entre os anos 1135 e 1140. Os catro camiños de Santiago que o autor describe son, de norte a sur, a vía turonensis, a vía lemovicensis, a vía podiensis e a vía tolosana.
Detállanse as etapas, as reliquias que se debe venerar, os santuarios a visitar antes de chegar até a catedral elevada á gloria de Santiago, así mesmo da informacións e consellos prácticos sobre as rexións que atravesan os camiños e maila súa opinión, pintoresca e por veces subxectiva, sobre os seus habitantes. A obra serviu de referencia durante os séculos seguintes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Codex Calixtinus Camiño de Santiago
Bibliografía López Pereira, X. Eduardo: Guía medieval do peregrino. Códice Calixtino, libro V. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 1993.
Ligazóns externas
Guía do peregrino publicada en 1882, no portal da BNF
Categoría:Camiño de Santiago Categoría:Nados en Francia Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia Categoría:Monxes católicos Categoría:Personalidades sen imaxes