Bodegas Martín Códax é unha adega fundada no 1985 en Vilariño, Cambados, adicada á elaboración de viño albariño. Xunto con Condes de Albarei é a adega de maior volume de produción da comarca do Salnés.
Estrutura
A empresa constituíuse baixo a forma dunha sociedade anónima. A uva que adquire a adega procede de dúas fontes: Os socios, que posúen a adega e participan na toma de decisións. Particulares aos que se lles merca uva durante a vendima, máis que non participan na vida orgánica da empresa
No ano 2003 comezou a restauración dun edificio en Cacabelos, no Bierzo, coa intención de espallar o negocio á uva mencía.
miniatura|Tractor agardando por entrar na adega, en plena vendima. Nome O nome foi tomado do trobador medieval, e en concordancia coa súa denominación, a empresa patrocinou durante varios anos o Premio de poesía Martín Codax, así coma ao Grupo de Música Antiga Martín Códax.
Premios No 2008 recibiu o medalla de ouro no Concurso Internacional de Viños e Espirituosos CINVE, que tivo lugar na cidade española de Sevilla. O viño gañador foi Martín Códax Lías 2006, que resultou elixido entre candidatos dos cinco continentes Bodegas Martín Códax logra a medalla de ouro nun concurso internacional de viños celebrado en Sevilla.
2025: Premio da Cultura Galega de Música
Notas
Véxase tamén Outros artigos Vendima Ligazóns externas Páxina da empresa
Categoría:Adegas de Galicia Categoría:Cambados