Santa Mariña de Esmeriz é unha parroquia que se localiza na ladeira do monte Faro, no oeste do concello de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o INE en 2017 tiña 26 habitantes (once mulleres e quince homes), 21 menos ca en 2008 (26 homes e 21 mulleres nese ano) e 38 menos ca en 2000. Ten cinco entidades de poboación.
Toponimia O topónimo Esmeriz ten orixe no antropónimo de orixe xermánica a partir da forma en xenitivo.
Patrimonio Igrexa de Santa Mariña de Esmeriz, construída na primeira metade do século XVIII, con reformas posteriores no frontis.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Esmeriz
Parroquias de Chantada
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Chantada
Categoría:Parroquias de Chantada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía