The Valley é a capital de Anguila, no mar Caribe, e a maior localidade da illa. No censo de 2011 contaba cunha poboación de 1 067 habitantes. Está situada na baía de Crocus Bay, no centro do litoral noroeste da illa.

Lugares de interese A poboación ten escasos exemplos de arquitectura colonial, debido ao traslado da administración colonial de Anguila para Saint Kitts e Nevis en 1825. Fica como bo exemplo a Wallblake House, construída en 1787 e usada actualmente como dependencia da igrexa adxacente. En The Valley consérvase unha histórica prisión sita a menos de 100 m de altura sobre o nivel do mar.

A oficina turística de Anguila na localidade é unha antiga construción, que en tempos servía para almacenar o algodón, que logo era exportado para Inglaterra.

Comunicacións The Valley posúe o Aeroporto Wall Blake, desde o cal se poden realizar algúns voos internacionais; hai voos diarios aos aeroportos internacionais de Antigua, Saint Martin, Saint Thomas e Porto Rico. As instalacións están sitas na parte sur da cidade, na zona denominada Long Ground.

Véxase tamén

Ligazóns externas Plano de The Valley Fotos de edificios interesantes

The Valley Categoría:Capitais de América