A praia de Oza é unha praia urbana do concello da Coruña. Resgardada do vento atlántico e das ondas. Ten aseos, duchas, aparcadoiro, quiosco de prensa, posto de socorro, primeiros auxilios e xestión ambiental ISO 14001.
Está prohibido entrar con animais.
Historia
Foi construída en 1994, preto da antiga e desaparecida praia de Oza , tamén coñecida como praia de Lazareto –coñecida así por situarse ós pés dunha leprosería–, cuxa maior parte foi destruída durante a ditadura franquista por causa da instalación dun varadoiro, ficando entón reducida a unha pequena cala, a pesar da oposición dos veciños"A praia de Oza" Biblioteca Universitaria de Oza "Unha praia moi contestataria" Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros . Cando se construíu o novo areal, a vella praia foi reducida un pouco máis por mor da construción dun treito de paseo marítimo, desaparecendo definitivamente uns anos despois cando en 2001 comezou a construción dun recheo no que se enterrou un depósito de lodos tóxicos que suscitou as protestas dos veciños e dos mariscadores , enriba do cal despois foron levantadas as instalacións dun club náutico .
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Oza