A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. Desde 2025 o seu presidente é Henrique Monteagudo. O seu lema é Colligit, expurgat, innovat. Historia miniatura|esquerda|Manuel Curros Enríquez, impulsor da RAG. Inicios

O precedente da Real Academia Galega foi a Comisión Xestora para a creación da Academia Galega, promovida por Emilia Pardo Bazán e Ramón Pérez Costales. Montouse sobre a base dunha sociedade, Folklore Gallego, presidida pola escritora.

En 1904 Manuel Murguía publicou un artigo na revista do Gran Hotel de Mondariz no que propugnaba a creación dunha academia galega. Este artigo espertou interese e en 1905 constituíuse na Habana a Sociedade Protectora da Academia Gallega, grazas ao impulso de Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal. En Galiza seguiron esta iniciativa algúns persoeiros que se reunían no faladoiro da Libraría Rexional de Uxío Carré Aldao da Coruña. A Real Academia Galega constituíuse o 30 de setembro de 1906, presidida por Manuel Murguía e con corenta membros. O acto celebrouse nos locais da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, case un ano despois da presentación legal dos seus estatutos. Os obxectivos iniciais eran fundamentalmente lingüísticos e incluían a elaboración dun dicionario e unha gramática, proxectos que demoraron moitos anos. A primeira sede da Academia foi na rúa Rego de Auga nº 38, e en 1920 instalouse no Palacio de María Pita. miniatura|Manuel Murguía, primeiro presidente da RAG. Durante a presidencia de Murguía (1906-1923) elevouse a figura de Rosalía de Castro, comezouse a publicar o Boletín de la Academia Gallega (263 números) e a Academia viuse no medio de polémicas e enfrontamentos debido ao seu carácter galeguista. A entidade entrou nun período de inactividade que motivou a fundación do Seminario de Estudos Galegos. O segundo presidente, Andrés Martínez Salazar, foino só un ano, xa que morreu inesperadamente, e substituíuno Fracisco Pobte Blanco. O cuarto presidente foi Eladio Rodríguez González (1926-1934), e durante este período entraron Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Antón Villar Ponte. Substituíuno no cargo Manuel Lugrís Freire, que houbo de dimitir en 1935 por problemas de saúde, pasando a ocupar a presidencia David Fernández Diéguez.

1936-1977

Desde 1937 presidiu a Academia Manuel Casás Fernández. O golpe militar de 1936 e a guerra civil provocaron o exilio e falecemento dalgúns académicos, e en 1941 realizouse unha toma de posesión colectiva de 19 novos membros, coma Xosé Filgueira Valverde e Florentino López Cuevillas, coa lectura única de discurso de ingreso por parte de Fermín Bouza-Brey. A RAG superou o risco de desaparecer e pasou a estar tutelada polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Francisco Franco, o seu irmán, e mais Manuel Fraga foron académicos non numerarios da Real Academia Galega. En 2009, coincidindo co nomeamento de Manolo Rivas, Méndez Ferrín facía pública a retirada das honras a Francisco Franco. Porén, Ramón Franco e Manuel Fraga seguen a estar considerados como membros correspondentes da RAG.

O 31 de decembro de 1951 a RAG xuntouse en Vigo en sesión extraordinaria polo nomeamento de Manuel Gómez Román; ao seu discurso ía responder Ramón Otero Pedrayo. Minutos antes do inicio do acto a autoridade gobernativa prohibiu falar en galego. As palabras improvisadas que se dixeron foron en castelán. O Partido Galeguista fixo chegar dende Galicia ao Congreso da UNESCO reunido en Montevideo un escrito de protesta pola política de represión lingüística do réxime franquista. O texto tivo boa acollida pero foi rexeitado pola delegación española da que formaba parte Manuel Fraga.A persecución do galego durante o "Franquismo"A Nosa Terra, domingo 20 de abril do 2003.

En 1960, tras o falecemento de Manuel Casás, ocupou a presidencia Sebastián Martínez-Risco. En 1963 a Real Academia Galega presentou a iniciativa do Día das Letras Galegas que, non moi valorada nun primeiro momento, tornouse especialmente dinamizadora co transcurso dos anos. No 1972 a RAG estandarizou o deseño actual das Armas ou Escudo do Reino de Galicia. Anos máis tarde, a RAG propuxo á Xunta de Galicia de conservar a memoria da antiga bandeira galega dentro da Bandeira de Galicia moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira nacional civil, formando a actual bandeira oficial que debe figurar nos actos oficiais do goberno e institucións galegas. miniatura|esquerda|Boletín de la Academia Gallega, ano 1906, n.º 4.

1977-2001 Durante a presidencia de Domingo García-Sabell (1977-1997), produciuse o acordo co Instituto da Lingua Galega sobre as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (1982), co cal se unificaban as dúas propostas enfrontadas. A Real Academia foi recoñecida como referencia na Lei de normalización lingüística. Creáronse un Seminario de Lexicografía, que elaborou o seu primeiro dicionario monolingüe, e o Seminario de Sociolingüística, que realizou o Mapa Sociolingüístico de Galicia. En marzo de 1979 a Academia trasladouse á sede actual da rúa Tabernas na Coruña dende as dependencias municipais do Palacio de María Pita onde estaba a sede dende 1920.

Coa presidencia de Francisco Fernández del Riego (1997-2001) abriuse a institución. miniatura|De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.

Século XXI

Baixo a presidencia de Xosé Ramón Barreiro Fernández (2001-2010) déuselle un pulo á informatización dos fondos documentais que se foran adquirindo, e en 2003 revisáronse as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. En 2006 a institución foi galardoada co Premio Fernández LatorrePremio Fernández Latorre, Año 2006 - 48ª edición .

En maio de 2009, en vésperas do Día das Letras Galegas, a Academia publicou un manifesto en prol da lingua galega, para facer fronte á campaña de desprestixio orquestrada por unha parte dos grupos políticos"Quen é o autor do informe da FAES?" , artigo de H. Vixande n’A Nosa Terra, 26 de abril de 2009. e unha minoría social con escaso apoio en Galiza mais con medios importantes en España"Masivo apoyo de los lectores de EL MUNDO al manifiesto por el castellano", El Mundo, 24 de xuño de 2008 .. Neste manifesto reivindicou a necesidade dun uso simétrico do bilingüismo"A RAG critica á Xunta de Feijóo por desprotexer o galego", El Progreso, 12 de maio de 2009. e mais unha presenza digna do galego en ámbitos nos que ten dificultades para se facer un oco, como a Xustiza ou o ensino. O 16 de xaneiro de 2010 a Academia emitiu un informe negativo das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de GaliciaAnálise da Real Academia Galega das Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia , 16 de xaneiro de 2010., coas que o PPdeG pretendía derrogar o decreto aprobado polo anterior goberno (formado polo PSdeG e Bloque Nacionalista Galego). O informe aprobouse por unanimidade e aclamación"Inmersión lingüística é o que me fixeron a min ao educarme en castelán!" , entrevista de Beti Vázquez a Méndez Ferrín en Galiciaé, 22 de xaneiro de 2010..

En xaneiro de 2010 escolleuse como presidente a Xosé Luís Méndez Ferrín, quen dimitiu tres anos despois. Substituíuno Xesús Alonso Montero, e tras a súa renuncia en 2017 accedeu ao cargo Víctor Freixanes, reelixido o 24 de abril de 2021. En 2025 foi substituído no cargo por Henrique Monteagudo.

En 2022 a Real Academia Galega trasladouse de forma temporal a unha nave en Pocomaco para levar a cabo as tarefas de rehabilitación da sede na rúa Tabernas.

Composición da Real Academia Galega Vicesecretario Secretaria Presidente Tesoureira Arquiveira/Bibliotecaria  Lourenzo Fernández Prieto   Ana Boullón   Henrique Monteagudo María López SándezDolores Sánchez Palomino

+ Membros do pleno  Marilar Aleixandre   Rosario Álvarez Blanco   Anxo Angueira   Xosé Luís Axeitos   Ana Boullón   Fina Casalderrey   Francisco Díaz-Fierros   Víctor F. Freixanes   Lourenzo Fernández Prieto   Francisco Fernández Rei   Xesús Ferro Ruibal   Manuel González González   Ernesto X. González Seoane   Margarita Ledo   María López Sández   Ramón Lorenzo   Henrique Monteagudo   Gonzalo Navaza   Chus Pato   Xosé Luís Regueira   Manuel Rivas   Euloxio R. Ruibal   Ana Romaní   Pegerto Saavedra   Dolores Sánchez Palomino   Antón Santamarina   Andrés Torres Queiruga   Ramón Villares 

* Vacantes as cadeiras deixadas tras a dimisión de Xosé Luís Méndez Ferrín e tras o falecemento de Xesús Alonso Montero. Pendentes de elección.

** Académicos e académicas elixidas pero pendentes de ler o seu discurso de ingreso.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego Normativa oficial do galego Instituto da Lingua Galega

Ligazóns externas Real Academia Galega

Categoría:Artigos destacados sobre Galicia