miniatura|Diferentes esloras dun navío

A eslora é a medida lonxitudinal dun barco tomada desde a proa ata a popa.

Características A eslora mídese paralelamente á liña de auga do deseño, entre dous planos perpendiculares á liña de coxía. Un plano pasa pola parte máis saínte da popa da embarcación e o outro pola parte máis saínte da proa.

Inclúense todas as partes estruturais ou integrais, como son proas ou popas, amuradas e unións do casco coa cuberta. Exclúese o púlpito de proa, tendo en conta que o plano de referencia pasa polo punto de intersección da cuberta coa roda. Tamén se exclúen todas as partes desmontables que poidan selo de xeito que non se destrúa ou afecte á integridade estrutural da embarcación.

A teoría do buque distingue entre:

Eslora de flotación, é a lonxitude do eixo lonxitudinal do plano de flotación considerado. LWL Length Water Line. Eslora entre perpendiculares, é a distancia entre a perpendicular de proa (Ppr) e a perpendicular de popa (Ppp). LBP Length Between Perpendiculars. Eslora máxima, é a distancia entre as perpendiculares á flotación máxima, trazadas polos puntos máis saíntes na proa e na popa, Eslora total, é a tomada entre os dous puntos máis extremos do navío. LOA Length Over All.

A eslora de flotación está relacionada coas capacidades de navegación do navío. Esta determina a velocidade máxima que pode acadar un navío con casco de desprazamento. A eslora total emprégase a efectos civís (cálculo de primas de seguro etc.) e para determinar o espazo necesario para atracar nun peirao e outras aplicacións similares. Todas as medidas lonxitudinais a bordo reciben o nome de eslora, polo tanto fálase da eslora dun zapón ou dunha bodega etc.

Definición internacional Existindo distintas definicións de eslora e o uso que delas se fai a Organización Marítima Internacional adoptou unha defición que foi ratificada polos países membros de xeito que a eslora tómase como o 96% da eslora total nunha liña de flotación situada a unha distancia da quilla igual ao 85% do puntal mínimo de trazado, medida dende o canto alto desta quilla, ou a eslora dende a cara de proa da roda (na proa do buque) ata o eixo da mecha do temón (na popa do buque) na dita flotación, se esta fose maior.

Véxase tamén

Outros artigos Barco

Bibliografía Elementos de Arquitectura Naval. Librería editorial Alsina Buenos Aires 1986. ISBN 950-553-026-9 (pag 2). Teoría del Buque. Cesáreo Díaz Fernández Barcelona 1972 B 43259 1972 (pag 5). OMI. Líneas de Carga. Londres, 2005. ISBN 9280101048

Categoría:Navegación Categoría:Partes dun barco