Pontedeume é unha estación de tren de Adif situada na vila de Pontedeume, na provincia da Coruña. Ten servizos de Longa e Media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 23,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 29 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre os apeadoiros de Perbes e Cabanas-Areal. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.Obras da liña Betanzos - Ferrol La Voz de Galicia Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.Betanzos a Ferrol Spanishrailway En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

A estación O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos, actualmente sen servizos ferroviarios como despachos de billetes ou aseos. Atópase no noroeste da vila, preto da desembocadura do Eume na ría de Betanzos, e un pouco afastada do centro urbano de Pontedeume. Recentemente recrecéronse as plataformas da estación, ademais de instalarse farois nelas para unha mellor visibilidade.

Ten dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías. Existe outra vía morta que se usa de forma esporádica para o apartado de material de mantemento da liña.

Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 20 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido

Media distancia Actualizado a 20 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Pontedeume Categoría:Pontedeume