Elviña-Universidade é un apeadoiro de tren de Adif situado na parroquia de Elviña, no concello da Coruña. Dá servizo á propia localidade de Elviña e principalmente ao campus da Universidade da Coruña.
Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. No ano 2008 tivo un tráfico de 6.000 pasaxeiros, o que equivale a uns 16 pasaxeiros diarios de media. Porén, logo de 2017, os datos de Renfe Operadora indicaban que menos dun milleiro de persoas empregaban esta estación anualmente.
Situación ferroviaria O apeadoiro atópase no punto quilométrico 547,9 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A CoruñaRede ferroviaria española Ministerio de Fomento., entre as estacións do Burgo-Santiago e A Coruña. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
A estación Foi inaugurada en outubro de 2002, aínda que non entrou en funcionamento ata xullo de 2003.O apeadoiro máis exclusivo La Voz de Galicia Foi concibida para dar servizo ao Campus de Elviña da Universidade da Coruña. Para iso construíuse un sinxelo apeadoiro dotado dun refuxio e unha plataforma de 150 metros de longo. Unha única vía accede ao mesmo. En total o investimento alcanzou os 480.000 euros.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 10 de setembro de 2020. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos Ourense-Empalme 5 MD A Coruña <> Ferrol
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif
Elviña - Universidade Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Transporte na Coruña Categoría:Universidade da Coruña