Franza foi unha estación e posteriormente un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Piñeiro, no concello de Mugardos, se ben recibe o seu nome por ser próxima a Franza. Actualmente non ten servizos de pasaxeiros.

Situación ferroviaria Atópase no punto quilométrico 28,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 73 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre as estacións de Cabanas-Areal e de Barallobre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.Obras da liña Betanzos - Ferrol La Voz de Galicia Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.Betanzos a Ferrol Spanishrailway En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Franza Categoría:Mugardos