Neda é unha estación de Adif situada na vila de Neda, na provincia da Coruña. Ten paradas comerciais de Media distancia operadas por Renfe.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 36,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 8 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre o apeadoiro de Perlío e a estación de Ferrol. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.Obras da liña Betanzos - Ferrol La Voz de Galicia Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.Betanzos a Ferrol Spanishrailway En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Por outra banda, o 28 de agosto de 1924 inaugurouse a liña de vía métrica de tranvías de Ferrol que unía a cidade de Ferrol con Neda. Esta liña tiña unha lonxitude de 37,5 km e foi clausurada o 3 de xullo de 1961.

A estación O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos, actualmente sen servizos ferroviarios como despachos de billetes ou aseos. Atópase no sur da vila, xunto á ría de Ferrol. Ten dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 20 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif

Neda Categoría:Neda