Nadja Uhl, nada en Stralsund (Mecklemburgo-Pomerania Occidental, pertencente por aquela época a Alemaña do Leste) o 23 de maio de 1972, é unha actriz alemá.

Traxectoria A súa formación como actriz tivo lugar na Escola Superior de Música e Teatro "Felix Mendelssohn", en Leipzig, Saxonia, entre 1990 e 1994, estreándose como actriz de teatro no Hans Otto Theater de Potsdam en 1994. Foi alí onde abriu un auditorio musical co seu compañeiro sentimental Kay Bockhold no 2006.

A súa estrea como actriz fílmica tivo lugar en 1993 (Der Grüne Heinrich, dirixida por Thomas Koerfer, e con Nadja Uhl no papel de Agnes), pero foi no 2000 cando chamou a atención do público internacional ó participar na película A Lenda de Rita (Die Stille nach dem Schuß), dirixida por Volker Schlöndorff. Nesta película interpreta a Tatjana, unha camareira da República Democrática Alemá que se rebela contra o sistema deste país. O seu traballo no filme de Schlöndorff fíxolle gañar o Oso de Prata á Mellor Actriz do Festival Internacional de Cine de Berlín e o nomeamento a Mellor Actriz Secundaria nos Premios do Cinema Alemán.

No 2002 actúa na película Xemelgas (De Tweeling), dirixida polo neerlandés Ben Sombogaart e baseada no best-séller homónimo escrito por Tessa de Loo. Aquí interpreta a Anna, irmá de Lotte. Ámbalas dúas son separadas ó morrer os seus pais; a segunda guerra mundial e o Holocausto consolidarán esa separación. O filme foi nomeado ó Oscar á Mellor Película de Fala non Inglesa na 76ª. edición dos Premios Oscar.

No 2005 cubriu o papel de Nicole na película Verano en Berlín (Sommer vorm Balkon), dirixida por Andreas Dresen. A súa actuación valeulle neste caso o nomeamento á Mellor Actriz Protagonista nos Premios do Cinema Alemán.

No 2006 cubriu o papel de Katja Döbbelin na miniserie A tormenta do século (Die Sturmflut), dirixida por Jorgo Papavassiliou. Esta exitosa produción televisiva da RTL céntrase na tormenta que asolou parte de Alemaña (sobre todo, Hamburgo e os arredores) do 16 ó 17 de febreiro de 1962, deixando 315 mortos.

No 2008 participa en Der Baader Meinhof Komplex, de Uli Edel, baseada no best-séller homónimo de Stefan Aust. Nesta historia baseada en feitos reais, Nadja Uhl interpreta a Brigitte Mohnhaupt, integrante activa da Fracción do Exército Vermello (Rote Armee Fraktion ou R.A.F., un grupo terrorista alemán de ideoloxía marxista que estivo activo entre finais dos 60 e 1998) e líder da súa segunda xeración. Tamén no 2008, Nadja Uhl participa nunha produción, baseada así mesmo en feitos reais, sobre o secuestro, en 1977, do Voo 181 de Lufthansa, perpetrado por catro terroristas da Fronte Popular para a Liberación de Palestina e en conivencia coa R.A.F. O papel de Nadja Uhl correspóndese esta vez coa auxiliar de voo Gabriele Dillmann, unha das vítimas do secuestro. Dáse a coincidencia de que no momento do secuestro, a líder da R.A.F. era Brigitte Mohnhaupt.

Nadja Uhl tivo unha filla o 28 de outubro de 2006.

Filmografía e personaxes interpretadas Die Toten vom Schwarzwald (2009) (televisión) .... Inka. Die Stunde der Nutria (2009) (televisión) .... Tania Bartko. Männerherzen (2009) .... Susanne Feldberg. So glücklich war ich noch nie (2009) .... Tanja. Mogadischu (2008) (televisión) .... azafata Gabriele Dillmann. Der Baader Meinhof Komplex (2008) .... Brigitte Mohnhaupt. Kirschblüten - Hanami (2008) .... Franzi. Nicht alle waren Mörder (2006) (televisión) .... Anna Degen. Vier Minuten (2006) .... Nadine Hoffmann. Die Sturmflut (2006) (televisión) .... Katja Döbbelin. Dornröschen erwacht (2006) (televisión) .... Juliane Meybach. Artour (serie de televisión). Episodios: 1 episodio emitido o 5 de xaneiro de 2006. Sommer vorm Balkon (2005) .... Nicole "Nike" Pawelsky. Mord am Meer (2005) (televisión) .... Paula Reinhardt. Lautlos (2004) .... Nina. Das Wunder von Lengede (2003) (televisión) .... Helga Wolbert. De Tweeling (2002) .... Anna. Scherbentanz (2002) .... Zitrone. Was tun, wenn's brennt? (2001) .... Nele. My Sweet Home (2001) .... Anke. La Volpe a tre zampe (2001) .... Doris. Verhängnisvolles Glück (2000) (televisión) .... Gloria. Die Stille nach dem Schuß (2000) .... Tatjana. Verrat (2000). Schnee in der Neujahrsnacht (1999) .... Nora. No Sex (1999) (televisión) .... Isabell Jacobi. Ufos über Waterlow (1998) (televisión). Stan Becker - Auf eigene Faust (1998) (televisión) .... Laura Basenius. Gefährliche Lust - Ein Mann in Versuchung (1998) (televisión) .... Sophie. Blutiger Ernst (1998) (TV) .... Marysa Heeren. Mörderisches Erbe - Tausch mit einer Toten (1998) (televisión) .... Helen Braddy. Beichtstuhl der Begierde (1997) (televisión). Mein ist die Rache (1997) (televisión) .... Evi. Tatort (serie de televisión). Episodios: Eiskalt (tempada 1, episodio 370, 28 de setembro de 1997) .... Petra Schächter. First Love - Die große Liebe (serie de televisión emitida por primeira vez en 1997) .... Wolke. Alarmcode 112 (serie de televisión emitida por primeira vez o 25 de setembro de 1996). Polizeiruf 110 (serie de televisión). Episodios: Kleine Dealer, große Träume (tempada 25, episodio 4, 19 de febreiro de 1996) .... Bibi. Zerrissene Herzen (1996) (televisión) .... Britta. Der Grüne Heinrich (1993) .... Agnes.

Véxase tamén Ligazóns externas Nadja Uhl - Above the line

Perlículas, noticias, biografía, fotos

Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Nados en Stralsund Categoría:Nados en 1972