Xesús Vázquez Abad, nado en Nürnberg (Alemaña) o 22 de setembro de 1967, é un político galego pertencente ao PPdeG.
Traxectoria Doutorouse en Ciencias Económicas e foi decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. A nivel político, foi voceiro dos PPdeG de Universidades e deputado deste mesmo partido no Congreso dos Deputados. En abril de 2009 foi designado por Alberto Núñez Feijóo, para ocuparse da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, entrando a formar parte do novo goberno popular da Xunta de Galicia.
En 2012 asumiu tamén parte das funcións da consellería de Cultura e Turismo. Durante o seu mandato como conselleiro foi aprobado o decreto de bilingüismo. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.
No ano 2013 foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto.
En febreiro de 2015 cesou como conselleiro da Xunta para optar ás eleccións municipais por Ourense. Foi elixido alcalde de Ourense como candidato da lista máis votada. Mantívose como alcalde ata 2019. Nas municipais de 2019 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro. Foi nomeado senador no Senado de España por designación autonómica do Parlamento de Galicia. En setembro de 2021 dimitiu como concelleiro e senador e anunciou o seu abandono da política.Dimite Jesús Vázquez como edil y senador: "Abandono la política, vuelvo a la universidad"
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Ficha na páxina web do Senado de España
Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Galegos de Alemaña Categoría:Nados en Núremberg Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1967 Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)