Alfredo Bojalil Gil, tamén coñecido artisticamente como El Güero Gil (o Louro), nado en Teziutlán, Puebla, o 5 de agosto de 1915 e finado en México D.F. o 10 de outubro de 1999, foi o creador e fundador principal do trío Los Panchos.

Traxectoria Tocaba o requinto e facía a terceira voz dende a formación do grupo en 1944 até 1981. O requinto, foi creado por el ante a necesidade de reforzar as introducións e as pasaxes sen voz das cancións; afinado unha cuarta máis alta que a guitarra normal. Aseméllase a unha guitarra pequena pero cun son máis agudo, dando un excelente efecto e son musical ás interpretacións.

Éxitos da súa autoría Hija de la mala vida Basura Tu ausencia Solo Cien mujeres Castígame, Dios No trates de mentir Ni que si, ni quizás, ni que no Un siglo de ausencia Ya es muy tarde Lodo

Categoría:Compositores de México Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Nados no estado de Puebla Categoría:Mexicanos de ascendencia libanesa