A tinguidura de Gram ou coloración de Gram é un método utilizado para atopar a presenza de bacterias en mostras histolóxicas. A tinguidura diferencia as bacterias grampositivas (GRAM +) das gramnegativas (GRAM -).

Fundamento Nas mostras histolóxicas non permiten identificar especialmente a bacteria específica, pero si poñer de manifesto a súa presenza no tecido e mostrar algunhas das súas características morfolóxicas básicas. Mediante esta técnica é posible identificar se son cocos (corpos esféricos), bacilos (corpos alongados), ou espiroquetas (corpos enrolados en espiral); e incluso unha vez tinguidos diferenciar as GRAM + (azul), GRAM- (vermello) ou as ácido-alcohol resistentes.

As bacterias GRAM+ posúen unha cápsula rica en grumos susceptibles de formar enlaces estables co violeta de metilo previo tratamento con lugol.

Preparación da mostra histolóxica O fixador ideal para este tipo de técnica é unha solución de formol, e o corte óptimo é de 5 micras.

Reactivos Violeta de metilo 100cc Metanol ó 25% 0,5gr. Violeta de metilo (cristais)

Iodo de GRAM (Lugol): 1gr. Iodo 2gr. Ioduro potásico 300cc Auga destilada

Alcohol Iodado 1cc Tintura de Iodo 99cc Alcohol absoluto

Procedemento Desparafinar con xilol (2 cubetas, 3 minutos cada unha) Hidratar con alcohol de 95% e 100% (3 minutos cada un). Tinguir coa solución de Violeta de metilo (30 seg.). Lavar con auga destilada. Lavar con Iodo de Gram (2 min). Diferenciar con Alcohol iodado ata que o alcohol quede un pouco tinguido co violeta de metilo. Lavar ben con auga destilada (varios baños se é preciso). Coloración de contraste con vermello neutro (3min). Lavar con auga destilada (un único baño). Deshidratar con alcohol de 95% e 100% (3 min cada un). Aclarar con xileno (3 min)[2cubetas]. Montar nun medio resinoso.

Resultados Bacterias Gram +: negro azulado Bacterias Gram -: vermello

Véxase tamén Outros artigos Taxonomía bacteriana

Bibliografía

Categoría:Tinguiduras histolóxicas Categoría:Bacterias