O método de Hall utilizase para diferenciar un pigmento, a bilirrubina, que é o principal pigmento da bile, que se orixina pola degradación das células vermellas do sangue.

Existe un método para diferenciar conxuntamente a bilirrubina e a hematoidina (Método de Gmelin) pero o verdadeiro método para diferenciar a bilirrubina é o método de Hall.

A intensidade da cor da tinguidura é proporcional á cantidade de bilirrubina que hai na mostra, pero se se encontraron restos de drogas e outras substancias será máis difícil a determinación da bilirrubina.

Fundamento A acción oxidante do reactivo de Fouchet converte a bile en biliverdina, de cor verde, a cal, se foi transportada ó fígado e alí reducida, coñécese como bilirrubina. O rango de cor varía entre verde oliva e verde esmeralda, dependendo da concentración de pigmento bílico presente.

Tecido control e diana O conduto biliar común obstruído é positivo para esta técnica. O tecido, para mellores resultados, debe estar fixado en formol 10%, e seccionado a 4 microns.

Reactivos Reactivo de Fouchet. 12,5gr ácido tricloroacético. 50cc auga destilada. 5cc cloruro férrico 10%. Mesturar ben o tricloroacético e a auga, e engadir o cloruro férrico. Solución de Van Gieson. 1cc fucsina ácida 1%. 45cc ácido pícrico saturado.

Procedemento Desparafinar e hidratar os cortes. Colocar na solución de Fouchet, 5 minutos. Lavar con auga destilada, 2 cambios de 2 minutos en cada cubeta. Contrastar con Van Gienson, 3 minutos. Lavar con auga destilada, 30 segundos. Deshidratar, aclarar e montar.

Resultados Bilirrubina: verde. Coláxeno: vermello. Músculo e células epiteliais: amarelo.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas http://www.emsdiasum.com/microscopy/technical/datasheet/26611.aspx http://library.med.utah.edu/WebPath/HISTHTML/MANUALS/BILE.PDF

Categoría:Tinguiduras histolóxicas