Sakura (さくら市, さくらし, Sakura-shi) é un concello da prefectura de Tochigi no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Kantō e no centro da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 125,46 km² de superficie, unha poboación de 42.916 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 342 h/km².

A cidade de Sakura foi fundada após a fusión de dous concellos de vilas do distrito de Shioya (Ujiie e Kitsuregawa) no ano 2005.

O concello de Sakura limita cos concellos de Utsunomiya, Shioya, Yaita, Ōtawara, Nakagawa, Nasukarasuyama e Takanezawa.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Sakura .

Categoría:Prefectura de Tochigi Categoría:Concellos do Xapón