Iolanda Veloso Ríos, nada na Coruña en 1972, é unha filóloga e política galega do BNG.

Traxectoria Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. É tradutora e intérprete de francés e profesora asociada da Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo. Conta cun máster en Dirección de Negocios Internacionais na Escola Caixanova.

Reside en Vigo. Nas eleccións municipais de 2007 presentouse como número 4 na lista do BNG para a alcaldía de Vigo, foi elixida concelleira e nomeada concelleira de Igualdade, Normalización Lingüística e Mocidade (2007-2011). Nas municipais de 2011 volveu ser elixida concelleira e foi protavoz municipal logo da renuncia de Santi Domínguez en 2013. Foi elixida membro do Consello Nacional do BNG na Asemblea Extraordinaria de 2009.Consello Nacional: UPG (23); Aymerich (18); “irmandiños” (7); e Máis Alá (2)

Notas

Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo