Ciutat Vella (en galego: Cidade Vella) é o nome que recibe o distrito número 1 da cidade de Valencia. Está delimitado pola muralla do século XIV, é dicir, as rúas de Colom, Xàtiva, Guillem de Castro, a marxe dereita do río Turia dende esta rúa á de Justícia, a Porta de la Mar e de novo Colom.

Localización e distribución Limita co Eixample polo suroeste, Extramurs polo sueste, la Saïdia polo norte, e o Pla del Real polo leste. Conta en 2007 con 25.368 habitantes, distribuídos en seis barrios:

la Seu (2.789) la Xerea (3.839) el Carme (6.074) el Pilar (3.912) el Mercat (3.266) Sant Francesc (5.488)

Elementos destacados Na Ciutat Vella atópanse os principais equipamentos da cidade dende tódolos puntos de vista:

Administrativos: o Concello, o Palau da Generalitat, as Cortes Valencianas, moitas consellarías ou Deputación. Financeiros: a Bolsa de Valencia (Palacio dos Boïl-Arenós) e sedes ou sucursais principais de entidades bancarias (especialmente arredor da rúa Pintor Sorolla e das Barques, que sería o Central Business District da cidade). Comerciais: o Mercado Central, o mercado de Mossén Sorell, grandes almacéns. Culturais e museísticos: IVAM, MUVIM, Museo de Cerámica, a biblioteca da Universitat de València, o Museo do Século XIX, o Centro Cultural de Beneficiència, Centro Cultural de l'Octubre (OCCC), o Museo de Belas Artes (este atópase diante mesmo da cidade vella, relativamente preto das Torres de Serrans). Relixiosos: a Catedral, a igrexa de Sant Joan de l'Hospital, a igrexa de Santa Caterina, a igrexa de Sant Joan del Mercat, a Basílica da Mare de Déu dels Desemparats etc. Históricos: Llotja de la Seda, Torres de Serrans, Torres de Quart, Portal de la Valldigna, palacios privados da cidade.

Poboación A poboación da Ciutat Vella segundo o INE a 1 de xaneiro de 2007 era de 25.368 habitantes. En 1981 había 35.415, feito que mostra a forte perda de poboación deste distrito nos últimos anos. Con todo, grazas á rehabilitación do distrito que se está levando a cabo, a partir de 2003 deixou de perder poboación, e de feito gañouna lixeiramente, pasando de 25.075 habitantes en 2003 a 25.184 en 2005 e a 25.368 en 2007. miniatura|800px|centro|Horizonte da Ciutat Vella.

Véxase tamén

Ligazóns externas Plano oficial dos distritos e barrios da cidade de Valencia

Categoría:Distritos de Valencia Categoría:Distritos históricos