1971 (MCMLXXI) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano. Foi Ano Santo Xacobeo, e foi declarado Ano Internacional da Loita contra o Racismo e a Discriminación Racial pola Organización das Nacións Unidas.

O ano 1971 tivo tres eclipses solares parciais (25 de febreiro, 22 de xullo e 20 de agosto) e dúas eclipses lunares totais (10 de febreiro e 6 de agosto).

Acontecementos O Instituto da Lingua Galega publica o manual Galego 1, primeiro método de ensino do galego ILG.USC.es. 1 de xaneiro - Chile: o goberno de Unidad Popular nacionaliza a banca privada. 2 de xaneiro - 66 mortos pola rotura das bancadas durante o partido de fútbol entre o Rangers F.C. e o Celtic F.C. en Glasgow, Escocia. 29 de abril - Bolivia nacionaliza a mina de zinc de Matilde, antes pertencente a unha compañía estadounidense. 22 de maio - Un terremoto coa duración de 20 segundos destrúe Bingöl, na Turquía, e deixa máis de 1000 mortos. 1 de xuño - Veteranos de guerra por unha Paz Xusta protestan contra a Guerra do Vietnam. 16 de xullo - Francisco Franco designa Xoán Carlos I como seu succesor. 25 de agosto - Bangladesh e a Bengala Occidental sofren fortes inundacións. 26 de agosto - Un goberno civil asume o poder na Grecia. 17 de outubro - Lanzamento do satélite artificial estadounidense ASTEX. 25 de outubro - A Asemblea Xeral das Nacións Unidas admite a República Popular da China e expulsa Taiwán. miniatura|Cartas a Lelo, de Xosé Neira Vilas. Nacementos 17 de xaneiro - Javier Gutiérrez Álvarez, actor galego. 17 de febreiro Carlos Gamarra, futbolista paraguaio. SaRenna Lee, actriz porno estadounidense. Denise Richards, actriz estadounidense. Monica Roccaforte, actriz porno húngara. 28 de febreiro - Xesús Fraga, escritor galego. 27 de marzo - David Coulthard, piloto de Fórmula 1. 16 de abril - Selena, cantante mexicano-estadounidense texana. 5 de maio - Elvira Riveiro, escritora galega. 4 de xuño - Joseph Kabila, presidente da República Democrática do Congo 5 de xuño - Mark Wahlberg, cantante de rap e actor estadounidense. 27 de xuño - Príncipe Dipendra do Nepal (m. 2001) 1 de xullo - Missy Elliott, cantante estadounidense. 16 de xullo - Carlos Núñez, músico galego. 17 de xullo - Aarne Ruben, escritor estoniano. 11 de setembro - Richard Ashcroft, cantante e guitarrista inglés. 18 de setembro - Lance Armstrong, ciclista estadounidense. 2 de outubro - Tiffany Darwish, cantante estadounidense. 13 de outubro - Luís Tosar, actor galego. 20 de outubro Snoop Dogg, cantante de rap estadounidense. Dannii Minogue, cantante e actriz Australiana, filla de Kylie Minogue. 29 de outubro - Winona Ryder, actriz estadounidense. 24 de decembro - Ricky Martin, cantante portorriqueño.

Mortes 10 de xaneiro - Coco Chanel, modista francesa (n. 1883) 27 de xaneiro - Jacobo Arbenz, presidente de Guatemala (n. 1913) 25 de febreiro - Theodor Svedberg, químico sueco, Premio Nobel (n. 1884) 3 de marzo - Harold Clayton Lloyd, actor americano (n. 1893). 14 de marzo - Pedro Barrié de la Maza, empresario e político galego (n. 1888). 6 de abril - Igor Stravinskii, compositor ruso (n. 1882). 15 de abril - Jesusa Prado, política e revolucionaria galega (n. 1897). 21 de abril - François Duvalier, coñecido como Papa Doc, ditador do Haití (n. 1904). 11 de maio - Antón Iglesias Vilarelle, mestre e músico galego (n. 1891). 4 de xuño - Gyorgy Lukács, filósofo húngaro (n. 1885). 15 de xuño - Wendell Meredith Stanley, bioquímico estadounidense, Premio Nobel (n. 1904). 18 de xuño - Paul Karrer, químico suízo, premio Nobel de Química en 1937 (n. 1889). 25 de xuño - Placeres Castellanos, mestra antifascista galega (n. 1896). 25 de xuño - John Boyd Orr, físico e biólogo escocés, Premio Nobel (n. 1880). 28 de xuño - José Cernadas Pérez, tipógrafo e sindicalista galego (n. 1880). 1 de xullo - Sir William Lawrence Bragg, físico británico, premio Nobel de Física en 1915 (n. 1890). 3 de xullo - Jim Morrison, músico estadounidense (n. 1943). 6 de xullo - Louis Armstrong, músico de jazz estadounidense (n. 1901). 23 de xullo - Van Heflin, actor estadounidense (n. 1910). 14 de agosto - Francisco Pérez Leirós, político e sindicalista galego (n. 1895). 31 de agosto - José Casais Santaló, escritor e diplomático galego (n. 1894). 10 de setembro - Pier Angeli, actriz italiana (n. 1932). 11 de setembro - Nikita Khrushchev, dirixente da Unión Soviética (n. 1894). 20 de setembro - Giorgos Seferis, poeta e diplomático grego, Premio Nobel de Literatura (n. 1900). 21 de setembro - Bernardo Houssay, médico, biólogo e fisiólogo arxentino, premio Nobel de Medicina en 1947 (n. 1887). 12 de outubro - Gene Vincent, cantante de rock estadounidense (n. 1935). 29 de outubro - Arne Tiselius, premio Nobel de Química en 1948 (n. 1902). 9 de decembro - Ralph Bunche, diplomático estadounidense, premio Nobel da Paz en 1950 (n. 1904). 20 de decembro - Faustino Rey Romero, escritor galego (n. 1921).

Premios Nobel Física: Dennis Gabor Química: Gerhard Herzberg Fisioloxía ou Medicina: Earl W. Sutherland Jr. Literatura: Pablo Neruda Paz: Willy Brandt Economía: Simon Kuznets

Día das Letras Galegas dedicado a: Gonzalo López Abente

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1971