Karin Anna Kristina Berg Casares, nada en Halmstad en 1948 e finada en Vigo o 3 de xullo de 2012, foi unha escritora sueca en lingua galega."Muere Kristina Berg, viuda del escritor Carlos Casares" El País.
Traxectoria Durante a mocidade participou en episodios de series televisivas suecas e nalgún proxecto relacionado coas artes plásticas. Despois de formarse en labores mariñeiros en embarcacións clásicas (entre outras, a goleta "Meta"), embarca con rumbo á India como radiotelegrafista no ano 1971. Nunha recalada en Galicia coñece a Carlos Casares, con quen casa pouco despois, principiando así as viaxes do escritor a Suecia, que exercerán influencia na súa ideoloxía socialdemócrata e en certos aspectos da súa obra.
Exerceu a presidencia da Fundación Carlos Casares dende a súa constitución no ano 2003.
Obra (Literatura infanto-xuvenil) Dona Galicia, 1979, Galaxia. Un neno viquingo, 1987, Galaxia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Fundación Carlos Casares
Ligazóns externas ORDE do 18 de setembro de 2002 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Carlos Casares
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados no condado de Halland Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2012