Bernal de Bonaval foi un segrel galego do século XIII.

O seu nome aparece por veces como Bernaldo ou Bernardo. Mantiña vínculos co mosteiro de San Domingos de Bonaval, pertencente á vila de Santiago de Compostela. A súa actividade poética desenvolveuse nas cortes de Fernando III e de Afonso X. Mantense fiel ás tradicións líricas pretrobadorescas, en detrimento dos modelos provenzais. Consérvanse 19 cantigas súas, 10 delas de amor, 8 de amigoRip Cohen. 500 Cantigas d’Amigo, edição crítica/critical edition. Porto: Campo das Letras, 2003 e a última é unha tenzón feita con Abril Pérez.

Cantigas de amor miniatura|page=29|Cancioneiro Colocci-Brancuti A Bonaval quer'eu, mia senhor, ir (CV 660, CBN 1003) A dona que eu am’e tenho por senhor

Cantigas de amigo Fremosas, a Deus grado Diss´a fremosa en Bonaval assí Se veess´o meu amigo Ai, fremosinha, se ben ajades

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Trobadorismo

Ligazóns externas A dona que eu amo e tenho por senhor, de Bernal de Bonaval Disco de Amancio Prada que contén unha cantiga de Bernal

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos

Bonaval, Bernal de Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega