Kyōtango (京丹後市, きょうたんごし, Kyōtango-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kyoto. Está situado ao norte da rexión de Kinki e da prefectura, no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 501,84 km², a poboación é de 59.923 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 119 hab./km².
A cidade de Kyōtango foi creada no ano 2004 após a fusión de dous concellos de vilas do distrito de Naka (Ōmiya e Mineyama), 3 concellos de vilas do distrito de Takeno (Amino, Tango e Yasaka) e un concello de vila do distrito de Kumano (Kumihama).
O concello de Kyōtango limita cos concellos de Ine, Miyazu, Yosano (que son da prefectura de Kyoto); e Toyooka (este último é da prefectura de Hyōgo).
Cidades irmandadas Bozhou Kizugawa
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kyōtango .
Kyotango Kyotango Kyotango