Władysław Dominik Grabski, nado en 1874 e finado en 1938, foi un economista, historiador e político, amais de primeiro ministro de Polonia.

Traxectoria Foi primeiro ministro do seu país en dúas ocasións: en 1920, e entre o 1923 e o 1925. El propuxo a reforma monetaria da Segunda República de Polonia. O seu irmán Stanisław Grabski era tamén economista e político.

Grabski naceu en Borovo, en Gmina Bielawy, Polonia (entón parte do Imperio Ruso). Estudou Ciencias Políticas no Instituto de Estudos Políticos de París e Historia na Universidade de París.

Categoría:Primeiros ministros de Polonia Categoría:Nados en Varsovia Categoría:Alumnos do Instituto de Estudos Políticos de París Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1938