San Martiño de Currás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 385 habitantes (197 homes e 188 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.
Situación A parroquia sitúase á beira do río Miño. Está atravesada pola estrada PO-552 (Tui - A Guarda).
Historia Esta parroquia foi un anexo de San Salvador de Tebra ata o ano 1904, cando pasou a selo de Amorín.
Patrimonio A igrexa parroquial ten orixe no século XVI, se ben o seu estilo denota a influencia portuguesa da época anterior. O retablo é de 1803, que substituíu o anterior, do século XVIII, cando foi trasladado á parroquia de Estás.
Na parroquia hai unhas necrópoles romanas, coñecidas co nome de Medos. Tamén hai vestixios dunha vila, datada entre os séculos IV e VI, cun hipocausto (antigo sistema de calefaccións por tubos) de grande interese para o estudo e coñecemento da cultura romano-xermánica en Galicia. Parte dos restos consérvanse no Museo Diocesano de Tui, e outra parte foi cuberta con area coa intención de seguir no futuro coas escavacións. Dende o verán de 2013 está en marcha un proxecto científico de recuperación e posta en valor do asentamento romanoPode consultarse información sobre a vila romana e sobre este proxecto na seguinte ligazón..
Lugares e parroquias Lugares da parroquia de Currás
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Tomiño Ligazóns externas Currás Diocese de Tui-Vigo.
Categoría:Parroquias de Tomiño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Tours