Jorge Manuel Almeida Gomes de Andrade, nado o 9 de abril de 1978 en Lisboa, é un exfutbolista e adestrador portugués. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección portuguesa.

Traxectoria Jorge Andrade chegou en 2002 ao Deportivo da Coruña procedente do FC Porto portugués, vivindo a mellor época europea do club coruñés, chegando a xogar a primeira semifinal da UEFA Champions League contra o FC Porto de José Mourinho, no que foi expulsado tras unha acción co seu excompañeiro de equipo Deco.

En 2007, foi traspasado por unha cifra en torno aos 10 millóns de euros ao Juventus FC italiano, onde non chegaría a triunfar polas continuas lesións de xeonllo que o perseguiron durante o resto da súa carreira deportiva.

Palmarés Club Porto Primeira Liga: 2000–01 Supercopa de Portugal: 2001; Finalista 2000 Deportivo Supercopa de España: 2002

Selección Eurocopa: Finalista 2004

Fútbol Indoor Xogou en varias ocasión na Liga Fertiberia de fútbol indoor co Dépor de Veteranos, que acadaou o título no ano 2008 e 2010.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en footballzz.co.uk

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CF Estrela da Amadora Categoría:Xogadores do FC Porto Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Adestradores de fútbol de Portugal